Kid A

álbum de Radiohead

Kid A é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado o 2 de outubro do 2000. Foi un éxito comercial en todo o mundo, sendo platino na súa primeira semana no Reino Unido. A pesar de non contar con ningún sinxelo oficial ou vídeo musical parade promocionarse, Kid A converteuse na primeira edición de Radiohead en estrearse no número 1 nos Estados Unidos. Este éxito atribúese a unha única campaña de promoción, a filtración do álbum en Internet.

Kid A
Álbum de Radiohead
Publicado2 de outubro do 2000
Gravaciónxaneiro de 1999 - abril do 2000
Duración49:57
Xénero(s)rock alternativo, música electrónica
Selo(s)Parlophone, Capitol
Producido porNigel Godrich, Radiohead
Cronoloxía
Airbag / How Am I Driving? Kid A Amnesiac

Kid A foi gravado en París, Copenhaguen, Gloucestershire e Oxford co produtor Nigel Godrich. A composición e gravación foi experimental para Radiohead, ao ter un son menos roqueiro e máis electrónico. Influenciada polo Krautrock, o jazz e a música clásica do século XX, Radiohead abandonou as súas composicións con tres guitarras para incluír un rango de instrumentos máis amplo en Kid A, usando teclados, o Ondes Martenot, e, nalgunhas composicións, cordas e metais. Kid A tamén ten letras máis minimalistas e abstractas que o anterior disco da banda.

Kid A foi listada como unha das 50 gravacións máis importantes da década polo programa All Songs Considered da emisora estadounidense National Public Radio[1]. A páxina web Rockfeedback situouno no segundo posto da súa lista dos mellores álbums da década[2]. Foi tamén colocado no posto 67 da lista da olling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[3].

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Radiohead, agás onde se indique.

  1. "Everything in Its Right Place" – 4:11
  2. "Kid A" – 4:44
  3. "The National Anthem" – 5:51
  4. "How to Disappear Completely" – 5:56
  5. "Treefingers" – 3:42
  6. "Optimistic" – 5:15
  7. "In Limbo" – 3:31
  8. "Idioteque" (Radiohead, Paul Lansky) – 5:09
  9. "Morning Bell" – 4:35
  10. "Motion Picture Soundtrack" – 6:59

Notas editar