This Mortal Coil

This Mortal Coil foi un colectivo musical británico liderado por Ivo Watts-Russell, fundador do selo discográfico 4AD.[1] Aínda que Watts-Russell e John Fryer foron os dous únicos membros oficiais, as gravacións do grupo contaron cunha gran cantidade de músicos de apoio, moitos dos cales estaban relacionados con 4AD, incluíndo membros de Cocteau Twins, Pixies e Dead Can Dance.[2] O proxecto fíxose coñecido polo seu son dream pop gótico, publicando en total tres álbums de estudio.[3]

This Mortal Coil
OrixeReino Unido Reino Unido
Período1983 - 1991
Xénero(s)dream pop, rock gótico
Selo(s) discográfico(s)4AD
MembrosIvo Watts-Russell
John Fryer

AntecedentesEditar

Watts-Russell fundara 4AD en 1980 e o selo estableceuse como unha das discográficas clave no desenvolvemento do movemento post-punk británico. Tras varios lanzamentos, Watts-Russell desenvolveu a idea de colaborar baixo o nome de This Mortal Coil.[4] O nome colleuse da letra da canción "Dream Within A Dream" de Spirit ("...Stepping off this mortal coil will be my pleasure..."),[5] que á súa vez procede dunha cita de Hamlet de Shakespeare ("... what dreams may come, when we have shuffled off this mortal coil...").

Citando a páxina web de 4AD:[1]

This Mortal Coil non era unha banda, senón unha colaboración única de músicos gravando en varias permutacións, a creación do capo de 4AD Ivo Watts-Russell. A idea era a de darlle a artistas liberdade creativa para gravar material fóra do ámbito do que se esperaba deles; tamén creou a oportunidade de versións innovadoras de cancións persoais para Ivo.

Unha das primeiras fichaxes do selo foi Modern English. En 1983, Watts-Russell suggested que a banda regravase dúas das súas primeiras cancións, "Sixteen Days" e "Gathering Dust", como un medley. Na época a banda remataba os seus concertos con ese medley, e Watts-Russell sentiu que era o suficientemente forte como para garabtir unha regravación. Cando o grupo rexeitou a idea, Watts-Russell decidiu montar un grupo de músicos para gravar o medley: Elizabeth Fraser e Robin Guthrie de Cocteau Twins; Cindy Sharp de Cindytalk; e uns poucos membros de Modern English.[4] O EP Sixteen Days/Gathering Dust foi o resultado desas sesións. Unha versión do tema "Song to the Siren" de Tim Buckley, interpretada só por Fraser e Guthrie, gravouse como cara b do EP. Satisfeito co resultado, Watts-Russell decidiu facela cara a da versión en sinxelo de 7" do EP, e a canción converteuse rapidamente nun éxito no underground, facendo que Watts-Russell buscase gravar un álbum enteiro baixo o nome de This Mortal Coil moniker, o It'll End in Tears de 1984.[4]

En xuño de 1998, Watts-Russell comezou a publicar álbums nunha liña semellante aos seus proxectos con This Mortal Coil, baixo o nome The Hope Blister.[6]

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
It'll End in Tears 1984 4AD
Filigree & Shadow 1986 4AD
Blood 1991 4AD

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "This Mortal Coil". 4AD (en inglés). Consultado o 2020-07-06. 
  2. "This Mortal Coil | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-06. 
  3. "This Mortal Coil | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-06. 
  4. 4,0 4,1 4,2 The Virgin encyclopedia of 80s music (3rd ed ed.). London: Virgin in association with Muze UK Ltd. 2003. ISBN 1-85227-969-9. OCLC 59367489. 
  5. "Ivo Watts-Russel - Morning Becomes Eclectic". KCRW (en inglés). 2006-09-02. Consultado o 2021-05-06. 
  6. Strong, M. C. (2000). The great rock discography (5th ed ed.). Edinburgh: Mojo Books. ISBN 1-84195-017-3. OCLC 44184348.