This Is England
This Is England (en galego, Isto é Inglaterra) é un filme escrito e dirixido por Shane Meadows que foi estreado no 2006. É un exemplo de cine independente e social inglés, que mostra o movemento skinhead desde un punto de vista antirracista.
This Is England | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | This Is England |
Director | Shane Meadows |
Produtor | Mark Herbert |
Guión | Shane Meadows Paddy Considine (sen acreditar) |
Intérpretes | Thomas Turgoose Stephen Graham Jo Hartley Andrew Shim Vicky McClure Joseph Gilgun Rosamund Hanson |
Música | Ludovico Einaudi |
Fotografía | Danny Cohen |
Montaxe | Chris Wyatt |
Estudio | Warp Films FilmFour Productions |
Distribuidora | Optimum Releasing |
Estrea | 2006 |
Duración | 102 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | £1,5 millóns[2] |
Recadación | £5 millóns[3] |
Na rede | |
http://www.thisisenglandmovie.co.uk/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Argumento Editar
O argumento está ambientado na Inglaterra dos anos oitenta, na época da Guerra das Malvinas, onde un rapaz de 12 anos chamado Shaun (Thomas Turgoose), perde o seu pai na guerra e múdase de cidade.
A vida a Shaun na nova cidade non lle agrada moito, xa que sempre lea cos compañeiros de clase que se mofan do seu aspecto e do seu defunto pai. Un día, Shaun coñece a unha banda de mozos skinhead encabezada por Woody. Os membros, ao velo tan abatido, deciden animalo e adóptano na súa banda. A partir dese momento, o cativo participa nas esmorgas dos mozos. Entón Shaun decide converterse nun skinhead coma eles.
Semanas despois aparece Combo, un antigo membro da banda, que logo de tres anos no cárcere se presenta con ideas nacionalistas racistas, e a partir de aí, divídense entre os membros que teñen ideais antirracistas e os que seguen as ideas de Combo. Shaun, convencido polas palabras de Combo, que se aproveita da tristeza que este sofre pola morte do seu pai nas Malvinas, decide ficar ao lado do novo líder para "loitar polo orgullo de seu pai", mais co tempo darase conta do erro cometido.
Nunha noite, Combo, despois de fumar porros que lle mercara a Milky (o único negro do grupo) canda el, Shaun e outros máis; comeza a golpealo con rabia até deixalo inconsciente, aínda que ao final lle entra o remorso e o leva ao hospital coa axuda dos outros.
Na fin da película Shaun tira a bandeira da cruz de San Xurxo ao mar.
Personaxes Editar
- Thomas Turgoose como Shaun Fields
- Stephen Graham como Andrew "Combo" Gascoigne
- Jo Hartley como Cynthia Fields
- Joseph Gilgun como Woody
- Vicky McClure como Lol Jenkins
- Andrew Shim como Michael "Milky"
- Rosamund Hanson como Michelle "Smell"
- Andrew Ellis como Gadget
- Perry Benson como Meggy
- George Newton como Banjo
- Jack O'Connell como "Pukey" Nicholls
- Kieran Hardcastle como Kes
- Chanel Cresswell como Kelly Jenkins
- Danielle Watson como Trev Jenkins
- Sophie Ellerby como Pob
- Kriss Dosanjh como Mr. Sandhu
- Michael Socha como Harvey
- Frank Harper como Lenny
- Charlie Smith como Mickey
Notas Editar
- ↑ British Board of Film Classification, ed. (6 de febreiro de 2007). "THIS IS ENGLAND (18)". Consultado o 21 de xullo de 2013.
- ↑ The Numbers (ed.). "This is England". Consultado o 27 de novembro de 2011.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "This Is England". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2012. Consultado o 27 de novembro de 2011.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- This Is England na IMDb (en inglés).
- Web oficial do DVD de This Is England (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)