Thin Man
Thin Man foi o nome en código dunha proposta de bomba nuclear de plutonio de tipo balístico usando plutonio-239 que os Estados Unidos comezaron a desenvolver no Proxecto Manhattan. O seu desenvolvemento abortouse ó descubrir que a taxa de fisión espontánea do seu plutonio reproducido en reactores nucleares era demasiado alta para o seu uso nunha arma de tipo balístico, por mor da alta concentración do istótopo plutonio-240.
O seu deseño era un deseño primitivo proposto antes de que o plutonio fose reproducido con éxito nun reactor nuclear a partir da irradiación de uranio-238. Os científicos asumían ata entón que o plutonio, ó igual que o uranio-235, podería ensamblarse nunha masa crítica cun método de tipo balístico, disparándolle unha peza subcrítica a outra. Para evitar unha predetonación ou "efervescencia", a "bala" de plutonio tería que acelerarse ata unha velocidade de polo menos 3 000 feet per second (910 m/s), xa que doutra forma a reacción de fisión comezaría antes de que a ensamblaxe estivese completa, detonando o dispositivo de forma prematura.[1]
O Thin Man tiña 17 feet (5,2 m) de largo, con 38-inch (97 cm) de ancho e unha sección media de 23-inch (58 cm). A súa lonxitude era necesaria para que a "bala" de plutonio acadase unha velocidade axeitada antes de chegar ó obxectivo. O seu peso era duns 8 000 pounds (3 600 kg) no modelo final da arma.[2] Só existía unha aeronave Aliada capaz de transportar o Thin Man sen sufrir modificacións, o Avro Lancaster británico. Porén, o Boeing B-29 Superfortress estadounidense podía modificarse para transportala eliminando parte do largueiro principal das ás e varios tanques de osíxeno localizados entre os seus dous compartimentos de carga.[3]
Nunha reunión no Laboratorio de Los Alamos o 17 de xullo de 1944 os científicos acordaron a inviabilidade dunha bomba de plutonio de tipo balístico. O traballo no Proxecto Manhattan centrouse entón no deseño balístico do Little Boy con uranio, e a investigación en Los Alamos centrouse nos problemas da implosión das bombas Fat Man.[4][5]
Notas
editar- ↑ Hansen 1995, p. 106.
- ↑ Campbell 2005, pp. 76–77.
- ↑ Hansen 1995, pp. 107, 119.
- ↑ Hoddeson et al. 1993, pp. 240–244.
- ↑ Nichols 1987, pp. 138–139.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Campbell, Richard H. (2005). The Silverplate Bombers: A History and Registry of the Enola Gay and Other B-29s Configured to Carry Atomic Bombs. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company. ISBN 0-7864-2139-8. OCLC 58554961.
- Hansen, Chuck (1995). Volume V: US Nuclear Weapons Histories. Swords of Armageddon: US Nuclear Weapons Development since 1945. Sunnyvale, California: Chukelea Publications. ISBN 978-0-9791915-0-3. OCLC 231585284.
- Hoddeson, Lillian; Henriksen, Paul W.; Meade, Roger A.; Westfall, Catherine L. (1993). Critical Assembly: A Technical History of Los Alamos During the Oppenheimer Years, 1943–1945. New York: Cambridge University Press. ISBN 0-521-44132-3. OCLC 26764320.
- Nichols, Kenneth D. (1987). The Road to Trinity. New York: William Morrow and Company. ISBN 0-688-06910-X. OCLC 15223648.
- Serber, Robert; Crease, Robert P. (1998). Peace & War: Reminiscences of a Life on the Frontiers of Science. New York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-10546-0. OCLC 37631186.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |