These Arms Are Snakes

These Arms Are Snakes foi unha banda estadounidense de post-hardcore formada no ano 2002 e que contaba con antigos membros de Botch e Kill Sadie. Antes de separarse en 2009 publicou tres álbums de estudio: Oxeneers or the Lion Sleeps When Its Antelope Go Home (2004), Easter (2006) e Tail Swallower and Dove (2008).[1] Antigos membros de These Arms Are Snakes tocan no presente en Russian Circles, Narrows, Minus the Bear, Crypts e Hooves.

These Arms Are Snakes
OrixeSeattle, Washington,
Período2002 - 2009
2016
Xénero(s)post-hardcore, metal alternativo
Selo(s) discográfico(s)Suicide Squeeze Records, Jade Tree Records
MembrosChris Common
Brian Cook
Ryan Frederiksen
Joe Preston
Jesse Robertson
Steve Snere
Erin Tate
Ben Verellen
Artistas relacionadosMinus the Bear, Botch, Kill Sadie, Nineironspitfire, Crypts, Narrows, Russian Circles
Na rede
http://www.thesearmsaresnakes.org/
Twitter: taasband MySpace: thesearmsaresnakes Bandcamp: thesearmsaresnakes Last fm: These+Arms+Are+Snakes Musicbrainz: e95a296e-a34c-4496-9a7c-a95683d487b5 Songkick: 240328 Discogs: 313816 Allmusic: mn0000589117 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Formación editar

A banda naceu como un quinteto no ano 2002 con Steve Snere de Kill Sadie, Brian Cook de Botch, e Ryan Frederiksen de Nineironspitfire ademais de Joe Preston e Jesse Robertson.[2] Elixiron o nome de "These Arms Are Snakes" porque era as "ridículo e [non] soa realmente como calquera outro nome de banda". O grupo anunciou que fichara por Jade Tree Records en marzo de 2003,[3] e publicou o seu EP de estrea, This Is Meant to Hurt You, o 19 de agosto dese ano. Este foi o único lanzamento cun teclista a tempo completo, xa que Jesse Robertson deixou a banda en 2004 tras ter diferenzas de opinión sobre o estilo de xira do grupo. AllMusic valorou o EP con tres estrelas sobre cinco e cualificou as letras de "intelixentes [e] astutas".[4]

O grupo continuou como cuarteto a partir dese momento. Antes de gravar o seu primeiro álbum, Joe Preston tamén deixou a banda e foi substituído por Erin Tate, que tocaba en Kill Sadie con Steve Snere e en Minus the Bear.[2] Preston e outros membros de These Arms Are Snakes tiveron un accidente de furgoneta cun camión despois do seu concerto de despedida.[5]

Oxeneers editar

Brian Cook tocaría ocasionalmente os teclados durante o resto da existencia do grupo. Segundo Ryan Frederiksen, a marcha de Robertson abriu máis espazo no escenario permitíndolles "correr libremente por todo o escenario", conseguindo uns concertos máis intensos. A perda de Robertson tamén permitiu a These Arms Are Snakes centrarse no seu son xeral e crear "arranxos despoxados e espazosos". Estes cambios impactaron no seu álbum de estrea, Oxeneers or the Lion Sleeps When Its Antelope Go Home (moitas veces simplificado como The Lion Sleeps ou Oxeneers), rpublicado por Jade Tree en setembro de 2004.

Para promocionar Oxeneers, These Arms Are Snakes uniuse á xira Totally Badical Tour co cabeza de cartel Underoath e os abreconcertos The Chariot, Hopesfall, e Fear Before the March of Flames. A banda non foi ben recibida durante esta xira.[6]

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Oxeneers or the Lion Sleeps When Its Antelope Go Home 2004 Jade Tree Records
Easter 2006 Jade Tree Records
Tail Swallower and Dove 2008 Suicide Squeeze Records

Notas editar

  1. "These Arms Are Snakes". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-22. 
  2. 2,0 2,1 "These Arms Are Snakes Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-14. 
  3. Punknews.org (2003-03-25). "Jade Tree Signs These Arms Are Snakes". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2023-10-14. 
  4. "These Arms Are Snakes - This Is Meant to Hurt You". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-14. 
  5. Punknews.org (2004-01-28). "These Arms Are Snakes lose drummer / split EP with Harkonen". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2023-10-14. 
  6. "These Arms Are Snakes Interview". The Punk Site. Archived from the original on 20 de marzo de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2023.