Theodore Thomson Flynn

zoólogo australiano

Theodore Thomson Flynn, nado en Coraki, Nova Gales do Sur, Australia, o 11 de outubro de 1883 e finado en Liss, Hampshire, Inglaterra, o 23 de outubro de 1968 foi un biólogo australiano que foi profesor en Tasmania e o Reino Unido.

Infotaula de personaTheodore Thomson Flynn
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Coraki, Australia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de outubro de 1968 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tasmania
Queen's University of Belfast (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosErrol Flynn Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Flynn-1576

Traxectoria editar

T. T. Flynn naceu en Coraki, Nova Gales do Sur, Australia, fillo de Jessie B. (nada Thomson) e John Flynn.[1]

Comezou a traballar como lector de bioloxía na Universidade de Tasmania en 1909, pasando a ser profesor desta disciplina en 1911, e ensinando alí até 1930.[2] Casou con Lily Mary (Marelle) Young o 23 de xaneiro de 1909.[3]

Flynn trasladouse a Irlanda do Norte, onde exerceu na cátedra de zooloxía na Queen's University de Belfast entre 1931 e 1948.

Despois da Belfast Blitz (durante a chamada guerra relampo, bombardeo sostido do Reino Unido pola Alemaña nazi entre o 7 de setembro de 1940 e o 16 de maio de 1941), Flynn foi o director de sinistros da cidade.[4]

Foi o pai do actor de cine Errol Flynn, e nomeou unha nova especie que descubriu, Gibbonsia erroli, na honra do seu fillo.

Faleceu en Liss, Hampshire, Inglaterra, o 23 de outubro de 1968.[1]

Abreviatura editar

A abreviatura Flynn emprégase para recoñecer a Theodore Thomson Flynn como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Biography of Theodore Thomson Flynn". University of Tasmania. January 29, 2013. Consultado o 20-05-2016. 
  2. "Theodore Thomson Flynn". Biographical Entry. Encyclopedia of Australian Science. 2010. Consultado o 20-05-2016. 
  3. Australian Dictionary of Biography
  4. "Multitext - Professor T. T. Flynn with his wife". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2006. Consultado o 20 de maio de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar