The Yummy Fur

The Yummy Fur foi unha banda escocesa de indie rock de Glasgow, formanda no ano 1992 e separada en 1999. O grupo estaba composto polo cantante principal e guitarrista John McKeown e unha formación cambiante de músicos. O seu nome está collido do cómic Yummy Fur de Chester Brown.

The Yummy Fur
OrixeGlasgow, Escocia Escocia
Período1992 - 1999
2010
Xénero(s)indie rock
Selo(s) discográfico(s)Vesuvius, Guided Missile
MembrosJohn McKeown
Paul Thomson
Brian MacDougall
Dino Bardot
Antigos membrosAlex Kapranos
Lawrence Worthington
Mark Gibbons
Clare Gorman
Jamie McMorrow
Mark Leighton
Marcus McNichol
Steve Dunbar
Alec Prentice
Charlie Milne
Paul Guided Missile
Artistas relacionados1990s, Franz Ferdinand, Country Teasers, The Male Nurse, Correcto

Tras deixar a banda en 1997, Lawrence Worthington tocaría a batería en The Male Nurse e en Country Teasers, unha banda de art punk influenciada por The Fall.

Tres futuros membros da exitosa banda de indie rock Franz Ferdinand tocaron en The Yummy Fur. O batería Paul Thomson, que se uníu ao grupo en 1997, e o multiinstrumentista Alex Kapranos Huntley, que se uníu en 1998, foron membros fundadores de Franz Ferdinand, e Dino Bardot uniríase como guitarrista a Franz Ferdinand en 2017 para substituír a Nick McCarthy.

O teclista Mark Gibbons suicidouse no ano 1999.[1]

A banda foi eloxiada polo DJ e presentador John Peel da BBC Radio 1, gravando dúas Peel Sessions en 1995 e 1998.[2]

O 23 de novembro de 2009 anunciouse que McKeown e Thomson reunirían a The Yummy Fur para unha breve xira polos Estados Unidos en xaneiro de 2010 para promocionar un disco de grandes éxitos.[3] Un novo informe de NME confirmou a participación do guitarrista de Brian MacDougall.[4]

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
Night Club 1996 Guided Missile
Sexy World 1998 Guided Missile

NotasEditar

  1. ObscureSound (2007-06-13). "1990s (the band, not the decade) -- Obscure Sound". www.obscuresound.com (en inglés). Consultado o 2019-11-23. 
  2. "BBC - Radio 1 - Keeping It Peel - Yummy Fur". www.bbc.co.uk. Consultado o 2019-11-23. 
  3. "Yummy Fur Reunite for First U.S. Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-23. 
  4. Wilkinson, Matt (2009-11-24). "Franz Ferdinand-featuring The Yummy Fur reuniting". NME (en inglés). Consultado o 2019-11-23. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar