The Way of All Flesh
novela de Samuel Butler
The Way of All Flesh (titulado orixinalmente Ernest Pontifex or the Way of All Flesh) é unha novela semiautobiográfica de Samuel Butler na que se critica a hipocrisía da Inglaterra vitoriana. Escrita entre 1873 e 1884, a obra recolle a historia de catro xeracións da familia Pontifex. Butler non se atreveu a publicala en vida, mais saíu do prelo postumamente en 1903, sendo aceptada como parte da reacción xeral contra o vitorianismo. O primeiro testamenteiro de Butler, R. A. Streatfeild, fixo cambios importantes no manuscrito orixinal, que non foi editado até 1964.
The Way of All Flesh | |
---|---|
Título orixinal | The Way of All Flesh |
Autor/a | Samuel Butler (novelista) |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | lingua inglesa |
Editorial | Grant Richards |
Data de pub. | 1903 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Título
editarO título é unha cita da Biblia Douay-Rheims. Trátase dunha expresión en hebreo bíblico, que significa "seguir co camiño de todos" (é dicir, morrer). Procede do Libro dos reis:
Eu estou para emprender o camiño de todos. Ti tes que ser valente e portarte coma un home.Reis (1, 2:2)[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- VV. AA. (2001). A Biblia. SEPT.