Abrir o menú principal
Un exemplo típico de hipocrisía son os políticos que de palabra se manifestan a prol da paz mentres de feito fan alianzas, venden armas ou directamente fan ataques a outros países.

A hipocrisía[1] é o desexo de agochar ós demais os motivos reais ou sentimentos. A hipocrisía non é só a inconsistencia entre aquilo que se defende e aquilo que se fai, senón tamén é a falsidade que demostra unha persoa.

É dicir, unha persoa hipócrita é aquela que pretende que se vexa a grandeza e bondade que constrúe con aparencias sobre si mesma, mostrándose como exemplo e pretendendo ou pedindo que se actúe da mesma forma, ademais de que se valoren as súas accións, aínda que os seus fins e logros estean afastados da realidade.

En moitas linguas, incluído o francés, un hipócrita é alguén que esconde as súas intencións e verdadeira personalidade.

EtimoloxíaEditar

A palabra provén do latín tardío hypocrisis e do grego ὑπόκρισις (hypokrisis), que significan "actuar", "finxir" ou "unha resposta". Tamén se pode entender como vindo do grego hypo que significa "máscara" e crytes que significa "resposta" e polo que a palabra significaría "responder con máscaras". A palabra "hipócrita" provén do grego ὑποκρίτης (hypokrites), cuxo verbo asociado é υποκρίνομαι (hypokrinomai), é dicir, "tomo parte".[2] Ambos derivan do verbo κρίνω, "xulgar" (»κρίση, "xuízo"»κριτική [kritiki], "críticos"), presuntamente porque a realización dun texto dramático involucraba un certo grao de interpretación do texto.

Psicoloxía da hipocrisíaEditar

En psicoloxía, o comportamento hipócrita relaciónase co erro fundamental de atribución: os individuos tenden a explicar as súas accións sobre a base do seu ambiente, pero atribúen as accións doutros a "características innatas", o que leva a xulgar ós outros mentres se xustifican as propias accións.[3]

Moitas persoas fallan en recoñecer que teñen imperfeccións que condenan nos demais. Segundo a psicoloxía freudiana a este comportamento coñéceselle como proxección psicolóxica. Este é máis un autoengano que un engano deliberado ó resto das persoas. Noutras palabras, a "hipocrisía psicolóxica" é a miúdo interpretada polos psicólogos como un mecanismo inconsciente de defensa e non como un acto de engano consciente, tal e como resulta da connotación clásica da hipocrisía.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hipocrisía.
  2. Pocket Oxford Classical Greek Dictionary (Morwood and Taylor ed.). 
  3. Jones, E. E. & Harris, V. A. (1967). The attribution of attitudes. Journal of Experimental Social Psychology 3, 1–24.