The Unicorns foi unha banda de indie rock canadense procedente de Montreal. Formárona no ano 2000 Nicholas Thorburn (Nick Diamonds) e Alden Penner (Alden Ginger), aos que posteriormente se lles uniu Jamie Thompson (J'aime Tambeur) en decembro de 2003.[1] O grupo anunciou a súa disolución a finais de 2004, e reuniríase brevemente para realizar un feixe de concertos en 2014.

The Unicorns
OrixeMontreal, Canadá
Período2000-2004
2014
Xénero(s)indie rock, indie pop, lo-fi
Selo(s) discográfico(s)Caterpillars of the Community, Alien8, Suicide Squeeze, Rough Trade
MembrosNick "Neil" Diamonds
Alden Ginger
J'aime Tambeur
Artistas relacionadosTh' Corn Gangg, Islands, Mister Heavenly, Clues, The Hidden Words
Na rede
Facebook: theunicornsband Twitter: theunicornsband MySpace: iwasbornunicorn Souncloud: theunicorns Musicbrainz: 603c5f9f-492a-4f21-9d6f-1642a5dbea2d Songkick: 362115 Discogs: 317587 Allmusic: mn0000572720 Genius: The-unicorns Editar o valor em Wikidata

Historia editar

The Unicorns fundouse no Canadá en decembro do ano 2000.[2] Os seus fundadores foron Nicholas Thorburn e Alden Penner, que se coñeceran no colexio en 1998. Alden era novo na súa clase de 10º grao e decidiu levar unha saia á escola, cousa que intrigou a Thorburn , que estaba en 12º grao, facéndose amigos.[3] O dúo gravou un CD de nove temas titulado Unicorns Are People Too, que lanzaron en marzo de 2003 a través do seu propio selo Caterpillars of the Community. O lanzamento limitouse a 500 copias, pero posteriormemte foi amplamente distribuído a través de redes de intercambio de ficheiros e de páxinas de seareiros. Nesa época tamén gravaron un mini CD chamado Three Inches of Blood, que daban aos donos dos locais que organizaban os seus primeiros concertos. Anunciouse tamén un 7" compartido con Arcade Fire pero que nunca chegou a materializarse.[4]

En xuño e xullo de 2003 a banda gravou o seu primeiro álbum de estudio, Who Will Cut Our Hair When We're Gone?, xunto co produtor Mark Lawson en Montreal.[5] O disco conta con varios temas regravados de Unicorns Are People Too e nel colaboran músicos como Richard Reed Parry (Arcade Fire) e o batería Jamie Thompson, que se uniría posteriormente á banda como músico de xira ese mesmo ano. O álbum foi editado en novembro de 2003 a través de Alien8 Recordings en América do Norte e de Rough Trade en Europa, e recibiu excelentes críticas de, entre outras, The Village Voice, NME, e a revista en liña Pitchfork Media.[6]

A banda xirou continuamente por América do Norte, Europa e Australia tras o lanzamento de Who Will Cut Our Hair When We're Gone?, realizando concertos con The Decemberists, The Fiery Furnaces, Hot Hot Heat, e Arcade Fire. Tamén se realizou un video promocional para a canción "Jellybones", que apareceu ocasionalmente no programa da MTV 120 Minutes. En 2004, utilizouse metraxe de varias actuacións en directo para producir un vídeo promocional da canción "I Was Born (A Unicorn)". En maio de 2004 publicouse un EP titulado The Unicorns: 2014 a través do selo de Seattle Suicide Squeeze. A banda fíxose coñecida polos seus caóticos concertos en directo, descritos como "indisciplinados, ás veces trascendentes, ás veces semellantes a rabechas".[7]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Unicorns Are People Too 2003 autoeditado
Who Will Cut Our Hair When We're Gone? 2003 Alien8, Rough Trade

Notas editar

  1. "Alien8 Recordings". alien8recordings.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-16. 
  2. Jason Heller (1 April 2004). "Horn Again: The Unicorns resurrect the mystic rite of having fun". Denver Westword.
  3. Mclaughlin, Virginia (2010-11-21). "The Indie Spotlight: UNDER CONSTRUCTION: The Unicorns". The Indie Spotlight. Consultado o 2023-10-15. 
  4. "The Unicorns :: News". www.cs.mcgill.ca. Consultado o 2023-10-15. 
  5. Lindsay, Cam (2017-04-10). "A Completely Biased Ranking of the 60 Best Canadian Indie Rock Songs of the 00s Part II". Vice (en inglés). Consultado o 2023-10-15. 
  6. "The Unicorns: Who Will Cut Our Hair When We're Gone?". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-10-15. 
  7. "The Unicorns Can't Just Get Along". exclaim!. Consultado o 15 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • [ Páxina da banda]