The Unforgettable Fire

The Unforgettable Fire é un dos discos do grupo de música U2. Caracterízase por un desapego á actitude punk do disco anterior, War, para sumirse nunha experimentación de atmosferas sonoras, a partir de guitarras e sintetizadores, achegados en gran medida polo produtor Brian Eno.

The Unforgettable Fire
Álbum de U2
Publicado1 de outubro de 1984
GravaciónMarzo–agosto 1984, Slane Castle, Slane, Irlanda e Windmill Lane Studios, Dublín, Irlanda
Duración42:38
Xénero(s)rock
Selo(s)Island
Producido porBrian Eno, Daniel Lanois
Cronoloxía
War
(1983)
The Unforgettable Fire The Joshua Tree
(1987)

Para a promoción deste álbum os irlandeses realizaron a xira Unforgettable Fire Tour.

Temas editar

  1. "A Sort Of Homecoming"
  2. "Pride (In The Name Of Love)"
  3. "Wire"
  4. "The Unforgettable Fire"
  5. "Promenade"
  6. "4th Of July"
  7. "Bad"
  8. "Indian Summer Sky"
  9. "Elvis Presley And America"
  10. "MLK"

Vídeo editar

Despois de sacalo álbum en 1984, U2 lanzou The Unforgettable Fire Collection, unha compilación en VHS de vídeos musicais do disco canda un documental de como se fixo o álbum de 30 minutos. O documental foi tamén despois incluído como material extra no vídeo U2 Go Home: Live from Slane Castle.

Temas editar

  1. "The Unforgettable Fire" – dirixido por Meiert Avis.
  2. "Bad" – dirixido por Barry Devilin
  3. "Pride (In the Name of Love)" – dirixido por Donald Cammell
  4. "A Sort Of Homecoming" – dirixido por Barry Devlin
  5. The Making of the Unforgettable Fire – dirixido por Barry Devlin (documental)