War
War é o terceiro álbum de estudio da banda irlandesa U2, editado o 28 de febreiro de 1983 a través do selo Island Records. É o primeiro traballo de U2 abertamente político, en parte grazas a cancións como "Sunday Bloody Sunday" e "New Year's Day", ademais de polo título do mesmo, que se deriva da percepción que tiña a banda do mundo naquel tempo.
War | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de U2 | ||||
Publicado | 28 de febreiro de 1983 | |||
Gravación | maio - agosto de 1982 | |||
Estudio(s) | Windmill Lane Studios, Dublín | |||
Duración | 42:03 | |||
Xénero(s) | post-punk, rock | |||
Selo(s) | Island Records | |||
Producido por | Steve Lillywhite | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Mentres que os teas centrais dos seus anteriores trabalos, Boy e October, centrábanse na adolescencia e a espiritualidade respectivamente[1], War centrouse nos aspectos físicos da guerra e nos efectos emocionais posteriores. Musicalmente tamén é máis duro que os discos anteriores. O álbum ten sido descrito como a gravación onde a banda "converteu o pacifismo nunha cruzada"[2].
Lista de cancións
editarTodas as cancións escritas por U2.
- "Sunday Bloody Sunday" – 4:40
- "Seconds" – 3:10
- "New Year's Day" – 5:35
- "Like a Song..." – 4:46
- "Drowning Man" – 4:14
- "The Refugee" – 3:40 producida por Bill Whelan
- "Two Hearts Beat as One" – 4:03
- "Red Light" – 3:46
- "Surrender" – 5:34
- ""40"" – 2:35
Notas
editar- ↑ Recensión de War na Rolling Stone (en inglés)
- ↑ Reynolds (2005), p. 367