Abrir o menú principal

The Truman Show é un filme estadounidense dirixido por Peter Weir e escrito por Andrew Niccol que foi estreado en 1998. Está protagonizado por Jim Carrey, que interpreta a Truman Burbank, xunto con Laura Linney, Noah Emmerich, Ed Harris e Natascha McElhone. Conta a historia da vida dun home que non sabe que está a vivir nunha realidade contruída para un programa de televisión, que se emite sen interrupción en todo o planeta. Truman comeza a sospeitar da súa realidade e comeza un proceso sen volta atrás de descubrir a verdade sobre a súa vida.

The Truman Show
Ficha técnica
Título orixinalThe Truman Show
DirectorPeter Weir
ProdutorEdward S. Feldman
Scott Rudin
Andrew Niccol
Adam Schroeder
GuiónAndrew Niccol
IntérpretesJim Carrey
Laura Linney
Ed Harris
Noah Emmerich
Natascha McElhone
MúsicaBurkhard Dallwitz
Philip Glass
FotografíaPeter Biziou
MontaxeWilliam M. Anderson
Lee Smith
EstudioScott Rudin Productions
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea1998
Duración103 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, Comedia
Orzamento$60 000 000[2]
Recadación$264 118 201[3]

A orixe de The Truman Show foi un guión de Niccol que foi inspirado por un episodio de The Twilight Zone titulado "Special Service".[4] O proxecto inicial tiña un ton de thriller de ciencia ficción, coa historia ambientada na cidade de Nova York. Scott Rudin fíxose co guión, e inmediatamente puxo o proxecto en mans de Paramount Pictures. Brian De Palma era o director previsto antes de que Weir se fixese co filme por un orzamento de $60 millóns no canto dos $80 millóns iniciais. Niccol re-escribiu o guión ó mesmo tempo que os cineastas agardaban que Carry se puidese incorporar á rodaxe. A maioría da rodaxe fíxose en Seaside (Florida), nunha comunidade planificada situada na rexión de Panhandle de Florida.

O filme foi un éxito de recadación e da crítica, e conseguiu varias nomeamentos nos 71ª edición dos Oscar, nos Globos de Ouro, nos BAFTA e nos Saturn. The Truman Show foi analizado como unha tese sobre o cristianismo, a metafilosofía, a realidade simulada, o existencialismo e a realidade televisiva.

ArgumentoEditar

Truman Burbank é un home corrente e algo inxenuo que viviu toda a súa vida nun desas vilas onde nunca pasa nada. Porén, de súpeto, uns estraños sucesos fanlle sospeitar que algo anormal está ocorrendo.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

NotasEditar

  1. British Board of Film Classification (ed.). "The Truman Show". Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  2. The Numbers (ed.). "The Truman Show (1998) - Financial Information". Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  3. Box Office Mojo (ed.). "The Truman Show (1998)". Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  4. Steinberg, Don (23 de setembro de 2011). Wall Street Journal, ed. "Films Inspired by Rod Serling's "The Twilight Zone" – Snapshot". Consultado o 14 de xullo de 2012. 

Véxase taménEditar