The Square
The Square é un filme satírico sueco de 2017 dirixido por Ruben Östlund e protagonizado por Claes Bang, Elisabeth Moss, Dominic West e Terry Notary. O filme trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte e foi inspirada en parte por unha instalación que Östlund e o produtor Kalle Boman realizaran.[1]
The Square participou no Festival de Cannes de 2017, onde recibiu en xeral críticas positivas e gañou a Palma de Ouro. Gañou tamén cinco premios do Cinema Europeo, incluíndo mellor filme e mellor comedia.
Argumento
editarChristian, director artístico dun museo de arte contemporánea, encárgase dunha exposición titulada "The Square" na que hai unha instalación que fomenta valores humanos e altruístas. Cando contrata unha axencia de relacións públicas para difundir o acontecemento, a publicidade produce malestar no público.
Elenco
editar- Claes Bang como Christian
- Elisabeth Moss como Anne
- Dominic West como Julian
- Terry Notary como Oleg
- Christopher Læssø como Michael
Rodaxe
editarO filme foi rodado en Estocolmo, Gotemburgo e Berlín.[2][3] A galería do filme baséase no Palacio Real de Estocolmo.[1] Moitas das obras de arte que aparecen no filme foron creadas especificamente, con instalacións influídas por Robert Smithson, unha imaxe auténtica de Garry Winogrand e traballos de Östlund e Kalle Boman.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Page, Thomas (24-5-2017). "Cannes 2017: 'The Square' skewers the dark side of the art world". CNN. Consultado o 28-5-2017.
- ↑ "Ruben Östlund avslöjar rollistan i nya filmen The Square" (en Swedish). Film Väst. 16-5-2016. Arquivado dende o orixinal o 21-10-2016. Consultado o 13-10-2016.
- ↑ Rehlin, Gunnar (6-7-2016). "Ruben Östlund siktar på en guldpalm". Dagens Nyheter (en Swedish). Consultado o 13-10-2016.
- ↑ Roxborough, Scott (31-5-2017). "Cannes: Palme d'Or Winner Ruben Ostlund on 'The Square' and Breaking Art House Conventions". The Hollywood Reporter. Consultado o 1-6-2017.