The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars

álbum de David Bowie

The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars é un álbum conceptual do músico inglés David Bowie, publicado o 6 de xuño de 1972 a través do selo RCA Records. O disco acadou o número 5 no Reino Unido e o 75 na Billboard estadounidense.[1]

The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars
Álbum de David Bowie
Publicado6 de xuño de 1972
Gravaciónsetembro de 1971 - xaneiro de 1972
Estudio(s)Trident Studios, Londres
Duración38:37
Xénero(s)glam rock, art rock
Selo(s)RCA Records
Producido porDavid Bowie, Ken Scott
Cronoloxía
Hunky Dory The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars Aladdin Sane

O álbum conta a historia do alter-ego de Bowie Ziggy Stardust, unha estrela de rock que actúa de mensaxeiro para seres estraterrestres. Bowie creou a Ziggy Stardust mentres estaba en Nova York promocionando Hunky Dory e actuou como el nunha xira polo Reino Unido, Xapón e Norteamérica[2]. O álbum, e a personaxe de Ziggy Stardust, foi coñecido polas súas influencias glam rock e as temáticas de exploración sexual e comentario social. Eses factores, xunto coa ambigüídade que rodeaba á sexualidade de Bowie e alimentados por unha interpretación innovadora de "Starman" no programa Top of the Pops[3], fixeron que se vise envolto en controversia e que dende entón sexa considerado un traballo seminal[4].

Listaxe de cancións editar

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Five Years"   4:44
2. "Soul Love"   3:33
3. "Moonage Daydream"   4:35
4. "Starman"   4:13
5. "It Ain't Easy" (Ron Davies) 3:00
Cara 2
N.º Título Duración
6. "Lady Stardust"   3:20
7. "Star"   2:50
8. "Hang on to Yourself"   2:40
9. "Ziggy Stardust"   3:13
10. "Suffragette City"   3:25
11. "Rock 'n' Roll Suicide"   3:00

Notas editar

  1. Allmusic (ed.). "The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars - David Bowie : Awards". Consultado o 13 de outubro de 2014. 
  2. David Bowie and the Rise of Ziggy Stardust, documental da BBC 4.
  3. Bowie en Top of the Pops
  4. Recensión do disco en Sputnik Music