A lúa e seis peniques
novela de 1919 escrita por William Somerset Maugham
(Redirección desde «The Moon and Sixpence»)
A lúa e seis peniques (en inglés: The Moon and Sixpence) é unha novela escrita polo autor inglés William Somerset Maugham que foi publicada orixinalmente o 15 de abril de 1919. É unha novela en formato episódico con narrador en primeira persoa, ó longo dunha serie de visións na mente e na alma do personaxe central Charles Strickland, un corredor de bolsa inglés de mediana idade, quen abandona de súpeto a súa muller e fillos para perseguir o seu desexo de se converter en artista. A historia está parcialmente baseada na vida do pintor Paul Gauguin.[1]
A lúa e seis peniques | |
---|---|
Título orixinal | The Moon and Sixpence |
Autor/a | William Somerset Maugham |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | William Heinemann Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1919 2019 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 328 |
ISBN | ISBN 978-84-949713-7-2 (gl) |
Tradución | Alfonso Blanco Quintela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Alfonso Blanco Quintela[2] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.
Notas
editar- ↑ Author's preface to The Selected Novels of W. Somerset Maugham, (Volume 2), William Heinemann, 1953 (ebook at archive.org).
- ↑ Hugin e Munin (ed.). ""A lúa e seis peniques" en Hugin e Munin". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 2 de outubro de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- The Moon and Sixpence no Proxecto Gutenberg (en inglés)