Abrir o menú principal

The Million Dollar Homepage

The Million Dollar Homepage (en galego, A páxina de inicio do millón de dólares) é un sitio web creado no ano 2005 por Alex Tew, un estudante de Wiltshire (Reino Unido), co obxectivo de recadar cartos para o financiamento dos seus estudos universitarios.[1] A páxina de inicio consiste nun millón de píxels ordenados nunha cuadrícula de 1000 × 1000; as ligazóns foron vendidas a 1 dólar o píxel, en bloques de 10 × 10. Os compradores destes bloques proporcionaron unha imaxe, unha URL á cal apuntaban as súas ligazóns e un slogan que se amosa cando os visitantes pasan o cursor por enriba da ligazóns. O obxectivo inicial era vender tódolos píxels e, polo tanto, recadar un millón de dólares. The Wall Street Journal indicou que este sitio web foi a fonte de inspiración doutros lugares web de publicidade por píxel.

Lanzada o 26 de agosto de 2005, o sitio web converteuse nun fenómeno de Internet, chegando a estar na posición 127 da clasificación de tráfico web de Alexa Internet.[2] O 1 de xaneiro de 2006 os derradeiros 1 000 píxels foron postos á venda en eBay: a almoeda rematou o 11 de xaneiro cunha oferta vencedora de 38 100 dólares. A recadación final do sitio web foi de 1 037 100 de dólares.

Durante a almoeda de 2006, o sitio recibiu varios ataques de denegación de servizo que obrigaron a pechala durante unha semana para mellorar os sistemas de seguridade. O Federal Bureau of Investigation e o Wiltshire Constabulary investigaron o ataque e o intento de extorsión.

NotasEditar

Véxase taménEditar