Abrir o menú principal

The Martian

Filme de 2015 dirixido por Ridley Scott

The Martian é un filme estadounidense de ciencia ficción[4] dirixido por Ridley Scott que foi estreado no 2015. Está protagonizado por Matt Damon e a historia baséase na novela de Andy Weir The Martian, que foi adaptada ó guión por Drew Goddard. Damon interpreta a un astronauta que é dado por morto e abandonado en Marte que ten que loitar por sobrevivir. No filme tamén aparecen Jessica Chastain, Kristen Wiig, Jeff Daniels, Michael Peña, Kate Mara, Sean Bean, Sebastian Stan, Aksel Hennie e Chiwetel Ejiofor nos papeis secundarios.

The Martian
Ficha técnica
Título orixinalThe Martian
DirectorRidley Scott
ProdutorSimon Kinberg
Ridley Scott
Michael Schaefer
Aditya Sood
Mark Huffam
GuiónDrew Goddard
Baseado enThe Martian de Andy Weir
IntérpretesMatt Damon
Jessica Chastain
Kristen Wiig
Jeff Daniels
Michael Peña
Kate Mara
Sean Bean
Sebastian Stan
Aksel Hennie
Donald Glover
Mackenzie Davis
Chiwetel Ejiofor
MúsicaHarry Gregson-Williams
FotografíaDariusz Wolski
MontaxePietro Scalia
EstudioScott Free Productions
Kinberg Genre
TSG Entertainment
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFestival de Toronto: 11 de setembro de 2015
Flag of the United States.svg 2 de outubro de 2015
Duración141 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción
Orzamento$108 000 000[2]
Recadación$257 700 000[3]

O produtor Simon Kinberg comezou a desenvolver o filme despois de que 20th Century Fox considerase a novela en marzo de 2013. Drew Goddard adaptou a novela nun guión e nun principio foi elixido para dirixilo, mais o proxecto non seguiu adiante. Ridley Scott substituíu a Goddard, e con Damon como personaxe principal, a produción obtivo a luz verde. A rodaxe comezou en novembro de 2014 e durou aproximadamente 70 días. Foron construídos preto de 20 escenarios nun estudio de Budapest, un dos meirandes do mundo. Wadi Rum en Xordania, foi usado para practicamente toda a fotografía de paisaxe do filme.

ArgumentoEditar

A tripulación dunha misión a Marte é sorprendida por unha tormenta e vese obrigada a abortar a misión. O astronauta Mark Watney (Matt Damon) é dado por morto e queda só no planeta vermello. Deberá usar o seu enxeño e a súa capacidade de supervivencia para facer saber á Terra que está vivo e lograr ser rescatado.

PersonaxesEditar

   
Matt Damon e Jessica Chastain intepretan a Mark Watney e a Melissa Lewis respectivamente.

NotasEditar

  1. British Board of Film Classification, ed. (16 de setembro de 2015). "The Martian (12A)". bbfc.co.uk. Consultado o 16 de setembro de 2015. 
  2. McCarthy, Todd (8 de setembro de 2015). "From 'The Martian' to 'Truth,' Todd McCarthy's 5 Most Tantalizing Titles at TIFF". The Hollywood Reporter. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  3. "The Martian (2015)". Box Office Mojo. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  4. Festival Internacional de Cinema de Toronto (ed.). "The Martian". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2015. 

Véxase taménEditar