The Lion King 1½

filme de 2004 dirixido por Bradley Raymond

The Lion King 1½ (tamén coñecido internacionalmente The Lion King 3: Hakuna Matata) é un filme estadounidense de 2004 dirixido por Bradley Raymond. Estreouse directamente en vídeo o 10 de febreiro de 2004 e foi producido pola rama australiana de DisneyToon Studios. É o terceiro e derradeiro título da triloxía Lion King, e baséase na serie de televisión The Lion King's Timon & Pumbaa e serve como unha historia de orixe para o dúo Timon e Pumbaa e os eventos de The Lion King (1994). A maioría do elenco orixinal retomou os seus papeis orixinais do filme, incluíndo a Nathan Lane e Ernie Sabella como as voces de Timon e Pumbaa. A trama do filme está inspirado en Rosencrantz and Guildenstern Are Dead de Tom Stoppard, unha traxicomedia que conta a historia de Hamlet dende o punto de vista de dous personaxes menores. The Lion King 1½ recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica.

The Lion King 1½
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Lion King 1½
DirectorBradley Raymond
ProdutorGeorge A. Mendoza
GuiónTom Rogers
Baseado enPersonaxes de Irene Mecchi, Jonathan Roberts e Linda Woolverton
Intérpretes
MúsicaDon L. Harper
MontaxeJoyce Arrastia
EstudioDisneyToon Studios[1]
DistribuidoraWalt Disney Home Entertainment
Estrea10 de febreiro de 2004
Duración78 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[1]
XéneroAnimación e comedia
Filme anteriorThe Lion King II: Simba's Pride
Na rede
https://movies.disney.com/the-lion-king-1-1-2
IMDB: tt0318403 Filmaffinity: 829985 Allocine: 124908 Rottentomatoes: m/lion_king_1_12 Allmovie: v294752 TCM: 546452 TV.com: movies/the-lion-king-1-12
Facebook: DisneyTheLionKing Editar o valor em Wikidata

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Lion King 1 1/2 (2004)". Allmovie. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  2. "The Lion King 1½". Disney+. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2020. Consultado o 4 de xaneiro de 2022.