The Legend of Zelda: Majora's Mask
The Legend of Zelda: Majora's Mask (A lenda de Zelda: A mascara de Majora) é un videoxogo para Nintendo 64. Tratase do segundo xogo de Zelda en 3D, despois de The Legend of Zelda: The Ocarine of Time O xogo vendeu en total mais de tres millóns de copias en todo o mundo, se ben esta aventura non acadou tanta fama coma a primeira.
The Legend of Zelda: Majora's Mask | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Nintendo Entertainment Analysis and Development |
Distribuidora(s) | Nintendo |
Compositor(es) | Kōji Kondō |
Lanzamento | 27 de abril de 2000 |
Xénero | videoxogo de acción e aventura |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI 12 e PEGI 6 USK 6 |
Plataforma(s) | Nintendo 64, GameCube e Wii U |
Na rede | |
http://www.zelda.com/universe/game/majora/ e https://www.nintendo.co.jp/n01/n64/software/nus_p_nzsj/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Argumento
editarNesta entrega da saga Legend of Zelda Link chega a cabalo de Epona (a súa egua) a un mundo chamado Termina. Polo camiño unha especie de trasno róuballe a ocarina e o cabalo, e ademais convérteo nun deku kid (rapaz deku). Ese trasno chamado Skull Kid (Neno Caveira) leva posta unha máscara chamada a máscara de Majora; esta máscara roubada a un comerciante, é unha máscara maldita que ó poñela desencadeou unha terrible maldición na terra de Términa.
A lúa caerá sobre este mundo en tres días. Link deberá recuperar a forma normal(xa que está convertido en deku) e ir conseguindo uns espíritos máxicos que se atopan nos catro puntos cardinais. Pero en tres días iso é imposible, polo que terá que retroceder no tempo tocando unha canción unha vez recuperada a ocarina.
Xogabilidade
editarEste sucesor de The Legend of Zelda: Ocarina of Time continúa a liña marcada polo devandito xogo, mesturando acción, aventura en terceira persoa e rol. Conta coa diferenza marcada polas máscaras que se van obtendo durante o camiño, que outorgan diferentes poderes. Ademais, un reloxo situado á dereita da pantalla indícache o tempo que resta para que a lúa caia, o que engade un chisco de tensión ás accións do xogador, que ten que estar pendente de que o tempo non se esgote
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |