Link (The Legend of Zelda)

Link é un personaxe ficticio protagonista da saga de videoxogos The Legend of Zelda, de Nintendo. Creado por Shigeru Miyamoto, apareceu por primeira vez no videoxogo The Legend of Zelda (1986). Cabe destacar que ó longo da saga existen diversos heroes co nome de Link, cada un coas súas características. Segundo o que di Ganondorf en The Wind Waker, podería tratarse dun mesmo heroe que renace ó longo das eras.

Link (The Legend of Zelda)

AlcumeLinlin e Linny Editar o valor en Wikidata
Tipohyliano, personaxe de videoxogo, personaxe nomeable e twink Editar o valor en Wikidata
Papelprotagonista silencioso e protagonista Editar o valor en Wikidata
Tipo personaxeo elixido Editar o valor en Wikidata
Obra
Primeira apariciónThe Legend of Zelda Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso de The Legend of Zelda Editar o valor en Wikidata
FranquíaThe Legend of Zelda Editar o valor en Wikidata
Creador/aShigeru Miyamoto Editar o valor en Wikidata
Inspirado enPeter Pan Editar o valor en Wikidata
Interpretado porFujiko Takimoto, Hikaru Midorikawa, Nobuyuki Hiyama, Takashi Ōhara, Mitsuki Saiga, Yūki Kodaira, Yūki Kaji, Sachi Matsumoto, Akira Sasanuma e Kengo Takanashi Editar o valor en Wikidata
Biografía
Lugar de nacementoHyrule Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicohyliano Editar o valor en Wikidata
Sexohome Editar o valor en Wikidata
SuperpoderUltrahand Editar o valor en Wikidata
Cor do pelolouro e cabelo loiro escuro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aGanondorf Dragmire e Vaati Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarqueiro, espadachín e matadragóns ficticio Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHateno Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballoHyrule, Termina e Ordon Editar o valor en Wikidata
Familia
Irmá/nAryll Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Características

editar

Link é un mozo modesto cunha valentía lendaria, debido a que porta a Triforza do Valor. Nalgúns xogos da saga outórganselle certos títulos, como Heroe do Tempo en Ocarina of Time ou Heroe do Vento na súa encarnación de The Wind Waker.

É o portador da lendaria Espada Mestra, a cal usa para vencer ó mal. Link ten tamén momentos de valentía imprudente, como as dúas veces que intentou enfrontarse a Ganondorf en The Wind Waker e unha en Ocarina of Time, sen estar preparado aínda.

Canonicamente, Link é zurdo, aínda que isto cambiou varias veces ó longo do tempo. En A Link to the Past, Link cambia a man coa que sostén a espada dependendo do lado cara ó que estea mirando. Na versión de Wii de Twilight Princess, Link é destro, mais isto débese a que o xogo foi completamente invertido co obxectivo de acomodalo mellor ó modo de control.