The Jackson 5
The Jackson 5, tamén escrito The Jackson Five, e nos últimos anos coñecido simplemente The Jacksons, foi un grupo de música estadounidense orixinario de Gary, Indiana formado baixo a tutela de Joseph Jackson, representante e fundador real do grupo, por cinco dos seus fillos: Jackie, Tito, Jermaine, Marlon e Michael
The Jackson 5 | |
---|---|
Orixe | Gary, Indiana, |
Selo(s) discográfico(s) | Steeltown, Motown, Philadelphia International, Epic |
Na rede | |
https://www.thejacksons.com/ | |
Sucedeu a outro grupo formado en 1964 polos tres irmáns máis vellos chamado The Jackson Brothers e estivo activo ata 1990, desenvolvendo un repertorio de R&B, soul, pop e posteriormente disco. Con contrato con Motown Records desde 1968, foi un dos grandes fenómenos da música pop dos 70 e serviu como panca para lanzar as carreiras en solitario de Jermaine e Michael.
Traxectoria
editarMoitos dos seus sinxelos estiveron estiveron nos primeiros postos das listas americanas, tanto dos primeiros tempos "I Want You Back", "ABC", "The Love You Save", e "I'll Be There" como da última época "Mama's Pearl", "Never Can Say Goodbye" ou "Dancing Machine". Moitos dos seus primeiros éxitos escribíronos un equipo especializado de letristas coñecido como "The Corporation", despois a maioría debéronse a Hal Davis, con outros do equipo de Gamble and Huff antes que The Jacksons comezaran a escribir e producir eles mesmos as súas cancións a finais da década de 1970.
Mespois da marca do grupo de Motown a Philadelphia International Records en 1976, The Jacksons 5 tiveron que mudar o seu nome, quedando simplemente en The Jacksons e Jermaine foi substituído por Randy xa que Jermaine decidira quedar en Motown Tras dous anos asinaron un novo contrato con Epic Records que lles permitía ter o control das letras, da produción e da imaxe, e o seu éxito continou na década de 1980 con éxitos como "Shake Your Body (Down to the Ground)", "Lovely One" e "State of Shock". O álbum de 1989 2300 Jackson Street gravouse sen Michael e Marlon e o seu pouco éxito levou á cancelación do contrato coa compañía discográfica a principios do ano seguinte, aínda que o grupo nunca foi disolto formalmente, desapareceu e só se volveu xuntar en dous concertos homenaxe a Michael Jackson en setembro de 2001.