Steven Randall "Randy" Jackson, nado o 29 de outubro de 1961 en Gary, Indiana, é un artista estadounidense, antigo membro de The Jacksons. Alcumado "Little Randy", é o máis novo dos irmáns Jackson varóns, e o segundo máis novo dos nove Jackson, sendo máis vello que Janet.
Randy Jackson |
---|
 Randy (primeiro pola esquerda á fronte) cos seus irmáns. |
Nome completo | Steven Randall Jackson |
---|
Alias | Little Randy |
---|
Data nacemento | 29 de outubro de 1961 (61 anos) |
---|
Nado en | Gary |
---|
Irmáns | Michael Jackson, Janet Jackson, La Toya Jackson, Rebbie Jackson, Tito Jackson, Jermaine Jackson, Jackie Jackson, Marlon Jackson e Brandon Jackson |
---|
Ocupación | Cantante, músico e bailarín |
---|
Xénero | R&B, pop, soul, dance, rock, new jack swing |
---|
Instrumento(s) | Voz, teclado, percusión e baixo |
---|
Selo(s) discográfico(s) | CBS |
---|
Relacionado con | The Jackson 5, The Jacksons |
---|
Tempo en activo | 1971–1990, 2001 |
---|
Na rede |
---|
http://randyjackson.us/ |
 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Randy só tiña tres anos cando se formou o grupo Jackson 5, polo que non é un membro orixinal. Mentres os seus irmáns daban concertos, aprendeu a tocar instrumentos, destacando no piano.