Abrir o menú principal

The Island of Dr. Moreau (filme de 1996)

The Island of Dr. Moreau é unha adaptación cinematográfica do clásico de H. G. Wells A illa do doutor Moreau, dirixida por John Frankenheimer e estrada en 1996.

A illa do Doutor Moreau
Ficha técnica
Título orixinalThe Island of Dr. Moreau
DirectorJohn Frankenheimer
ProdutorClaire Rudnick Polstein
Edward R. Pressman
Tim Zinnemann
GuiónRon Hutchinson
Walon Green
Baseado enA illa do doutor Moreau de H. G. Wells
IntérpretesMarlon Brando
Val Kilmer
David Thewlis
Fairuza Balk
Ron Perlman
MúsicaGary Chang
FotografíaWilliam A. Fraker
DistribuidoraNew Line Cinema
Estrea1996
Duración100 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento$40 000 000[1]
Recadación$49 627 779

ArgumentoEditar

No 2010, o doutor Moreau (Marlon Brando) conseguiu lograr o imposible: empregar ADN humano en animais para facelos máis semellantes ás persoas á vez que reprime os seus instintos salvaxes para facelos sen maldade nin odio. Logo de moitos experimentos, só un dos especímenes resulta satisfactorio e ós restantes son drogados para evitar que tornen nas súas formas animais. Ademais son controlados por descargas eléctricas que lles producen os chips implantados no seu corpo. Malia isto, unha das bestas atopa o xeito de evitar a terapia eléctrica e cando llo revela a outros, os híbridos toman o control da illa.

Un dos aliados do Dr. Moreau é o Dr. Montgomery (Val Kilmer), un científico que se volve tolo pola súa intensa devoción ó doutor Moreau e polo abuso intenso de drogas. Edward Douglas é un negociador das Nacións Unidas, e tamén o único sobrevivente dun accidente aéreo no mar. Este é levado á illa de Moreau polo Dr. Montgomery, e convértese no seu prisioneiro. Horrorizado polos monstruosos experimentos do doutor Moreau e temeroso pola súa propia vida, Douglas recibe axuda da filla do doutor, Aissa, para poder fuxir da illa, pero os seus plans trúncanse por culpa de Montgomery e os seus lacaios.

PersonaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar