The Interview

Filme de 2014 dirixido por Evan Goldberg e Seth Rogen

The Interview é un filme estadounidense de 2014 dirixido e producido por Evan Goldberg e Seth Rogen, sendo o seu segundo traballo xuntos dende This Is the End (2013). O guión é obra de Dan Sterling, e baséase nunha historia entre Rogen e Goldberg. Está protagonizado por Rogen e James Franco, que interpretan dous xornalistas que son enviado a Corea do Norte para entrevistar ó líder Kim Jong-un (Randall Park), e que son recrutados pola CIA para asasinalo.

The Interview
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Interview
Director
Produtor
  • Seth Rogen
  • Evan Goldberg
  • James Weaver
GuiónDan Sterling
Intérpretes
MúsicaHenry Jackman
FotografíaBrandon Trost
Montaxe
Estudio
DistribuidoraColumbia Pictures
EstreaOs Ánxeles: 11 de decembro de 2014
24 de decembro de 2014
Duración112 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Orzamento$44 000 000[2][3]
Recadación$11 300 000[4]
Na rede
https://www.seetheinterview.com/
IMDB: tt2788710 Filmaffinity: 733139 Allocine: 219994 Rottentomatoes: m/the_interview_2014 Mojo: interview2014 Allmovie: v579395 Metacritic: movie/the-interview Netlix: 70305895Editar o valor em Wikidata

Rogen e Goldberg desenvolveron a idea de The Interview a finais da década de 2000, con Kim Jong-il como obxectivo principal do asasinato. En 2011, despois da morte de Jong-il, Jong-un substituíno como líder do país. Rogen e Goldberg desenvolveron un novo guión centrado en Jong-un. O anuncio do filme realizouse en marzo de 2013, xunto co comezo da pre-produción. A fotografía principal realizouse en Vancouver dende outubro até decembro de 2013.

En xuño de 2014, o goberno norcoreano ameazou con accións contra os Estados Unidos se Columbia Pictures estreaba o filme. Columbia adiou a estrea de outubro até decembro, e reeditou en repetidas ocasións o filme para facelo máis aceptable para Corea do Norte. En novembro, os sistemas informáticos de Sony Pictures Entertainment foron hackeados por "Guardians of Peace," un grupo que o FBI di que ten relacións con Corea do Norte.[5] O grupo tamén ameazou con accións terroristas contra os cinemas que proxectasen o filme. As principais cadeas de cinemas decidiron non estrear o filme, o que implicou que Sony o lanzase por compra en liña o 24 de decembro de 2014, seguido por unha estrea limitada o día seguinte en cinemas escollidos.

The Interview recadou $40 millóns en liña, converténdose no maior éxito financeiro de Sony nunha estrea dixital, e conseguiu uns $11,2 millóns en cinemas de todo o mundo. Recibiu críticas dispares polo seu humor e temática, malia que uns poucos aclamaron as interpretacións de Rogen, Franco, Park e Diana Bang.

Personaxes editar

O filme tamén conta coas aparicións de Eminem, Rob Lowe, Bill Maher, Seth Meyers, Joseph Gordon-Levitt, Ben Schwartz, Brian Williams e Scott Pelley. Iggy Azalea, Nicki Minaj, Emma Stone, Zac Efron e Guy Fieri aparecen nas cartelas de entrada do programa ficticio Skylark Tonight.

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (17 de novembro de 2014). "The Interview (15)". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 17 de novembro de 2014. 
  2. Variety, ed. (17 de decembro de 2014). "Sony Weighing Premium VOD Release for ‘The Interview’ (EXCLUSIVE)". Consultado o 17 de xaneiro de 2015. 
  3. Variety, ed. (18 de decembro de 2014). "Sony Could Lose $75 Million on 'The Interview' (EXCLUSIVE)". Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  4. "The Interview (2014)". Box Office Mojo. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  5. Gabi Siboni e David Siman-Tov, Cyberspace Extortion: North Korea versus the United States Arquivado 20 de agosto de 2016 en Wayback Machine., INSS Insight No. 646, 23 de decembro de 2014.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar