The Inbreds foi unha banda canadense de rock alternativo formada no ano 1992 en Kingston, Ontario,[1] aínda que en 1996 trasladouse a Halifax, Nova Escocia, onde estivo baseada ata a súa disolución en 1998. O grupo era un dúo formado polo vocalista e baixista Mike O'Neill e o batería Dave Ullrich.

The Inbreds
OrixeKingston, Ontario, Canadá
Período1992 - 1998
2005
2007
2008
2012
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Zunior Records, Sappy Records, TAG Recordings, Atlantic Records, PFMurder
MembrosMike O'Neill
Dave Ullrich
Na rede
ibreds.com
Last fm: The+Inbreds Musicbrainz: 19892173-8ac0-449d-b716-6860b7f8f4c9 Songkick: 484499 Discogs: 700653 Allmusic: mn0000082562 Editar o valor em Wikidata

Tres dos catro álbums publicados durante a existencia da banda chegaron ao número 1 nas listas das radios universitarias canadenses e o grupo foi nomeada dúas veces aos premios Juno. The Inbreds destacou na escena indie canadense durante os anos 90 e foi coñecida polo seu enfoque único de baixo e batería minimalistas,[2] e melodías e harmonías influenciadas polo pop clásico de artistas como The Beatles e The Beach Boys.[3]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Hilario 1993 PF Records, TAG Recordings Zunior
Kombinator 1994 PF Records, DROG Records
It's Sydney or the Bush 1996 PF Records, TAG Recordings
Winning Hearts 1998 Murderecords

Notas editar

  1. "Kingston's Inbreds don't need guitars". Toronto Star, 8 de xullo de 1993
  2. "The Inbreds didn't expect to find success: But innovative Juno-nominated duo is making some big waves". Calgary Herald, 7 de marzo de 1996
  3. "Reinventing the rhythm section: Inbreds carve a new path with bass, drums...and nothing else". Toronto Star, 25 de xaneiro de 1996.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar