The Hold Steady é unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Brooklyn, Nova York, formado no ano 2003. O grupo está composto por Craig Finn (voces, guitarra), Tad Kubler (guitarra), Galen Polivka (baixo), Bobby Drake (batería), e Steve Selvidge (guitarra).[1] Destaca pola súa "densa narración lírica"[2] e as influencias do rock clásico. O grupo adoita a falar de temas nas súas cancións como a adición ás drogas, a relixión e a redención, e acostuma recorrer a personaxes baseados na cidade de Minneapolis.

The Hold Steady
A banda en 2005.
OrixeBrooklyn, Nova York,
Período2003-presente
Xénero(s)rock alternativo, indie rock, heartland rock
Selo(s) discográfico(s)Vagrant Records, Full Time Hobby, Washington Square/Razor & Tie
MembrosBobby Drake
Craig Finn
Tad Kubler
Galen Polivka
Steve Selvidge
Antigos membrosJudd Counsell
Franz Nicolay
Na rede
http://theholdsteady.net/
IMDB: nm2518909 Facebook: TheHoldSteady Twitter: theholdsteady Instagram: theholdsteady MySpace: theholdsteady Souncloud: theholdsteady Spotify: 3qkZBMz5JgmRN9u5wwhRC6 iTunes: 19552743 Last fm: The+Hold+Steady Musicbrainz: 4883523d-fc0e-4d0d-802c-91379e767083 Songkick: 276806 Discogs: 491197 Allmusic: mn0000088395 Deezer: 4381 Genius: The-hold-steady Editar o valor em Wikidata

Formada catro anos despois da separación da anterior banda de Finn e Kubler, Lifter Puller, The Hold Steady publicou o seu álbum de estrea, Almost Killed Me, en 2004, e chegou á fama coa edición do seu terceiro traballo, Boys and Girls in America, en 2006. No ano 2010 o multiinstrumentista Franz Nicolay deixou o grupo antes da gravación dos seu quinto disco de estudio, Heaven Is Whenever (2010). Durante a seguinte xira da banda volveron a ser un quinteto coa inclusión do antigo guitarrista de Lucero Steve Selvidge.[1] O conxunto lanzou o seu sexto traballo, Teeth Dreams, o 25 de marzo de 2014.

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
Almost Killed Me 2004 Frenchkiss Records
Separation Sunday 2005 Frenchkiss Records
Boys and Girls in America 2006 Frenchkiss Records
Stay Positive 2008 Vagrant/Rough Trade
Heaven Is Whenever 2010 Vagrant/Rough Trade
Teeth Dreams 2014 Washington Square/Razor & Tie
  1. 1,0 1,1 "LouFest Interviews: Craig Finn of the Hold Steady". Riverfront Times. Archived from the original on 03 de decembro de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  2. "The Hold Steady: America's Bar Band". NPR Music. Consultado o 17 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar