The Futureheads (álbum)

The Futureheads é o álbum de estrea da banda inglesa de post-punk revival The Futureheads, editado o 12 de xullo do 2004. Do disco sacáronse os sinxelos "First Day", "Decent Days and Nights", "Meantime" e "Hounds of Love" (unha versión de Kate Bush). The Futureheads tivo unha boa acollida por parte da crítica e foi re-lanzado nunha edición especial no ano 2005, contando cun DVD, traendo unha portada lixeiramente cambiada, en rosa en vez do gris da orixinal.

The Futureheads
Álbum de The Futureheads
Gravación2004
Duración36:30
Xénero(s)post-punk revival
Selo(s)679 Recordings, Sire Records
Producido porPaul Epworth
Cronoloxía
1-2-3-Nul! EP The Futureheads Area EP

"Decent Days and Nights" e "Hounds of Love" puxéronse á disposición do xogo Rock Band o 9 de marzo de 2010. "Decent Days and Nights" tamén aparece na banda sonora do videoxogo Burnout 3 e usouse nun capítulo da serie de televisión The O.C. e na película Grandma's Boy.

O disco foi elixido pola publicación Pitchfork Media o 33 mellor álbum do ano 2004[1].

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por The Futureheads agás onde se indique.

  1. "Le Garage" – 1:45
  2. "Robot" – 2:00
  3. "A to B" – 2:27
  4. "Decent Days and Nights" – 2:31
  5. "Meantime" – 2:50
  6. "Alms" – 2:05
  7. "Danger of the Water" – 2:57
  8. "Carnival Kids" – 2:44
  9. "The City Is Here for You to Use" – 2:35
  10. "First Day" – 2:04
  11. "He Knows" – 3:13
  12. "Stupid and Shallow" – 1:34
  13. "Trying Not to Think About Time" – 2:24
  14. "Hounds of Love" (Kate Bush) – 3:02
  15. "Man Ray" – 2:18

Edición especial editar

A edición especial do álbum contén dous temas extra ao final da súa listaxe.

  1. "Decent Days and Nights (Radio Mix)" – 2:42
  2. "Hounds of Love (Radio Mix)" – 3:05

Notas editar

  1. "Os 50 mellores álbums de 2004 para Pitchfork Media". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2012.