The Fame Monster é o segundo álbum da cantante estadounidense de pop Lady Gaga. Foi lanzado o 18 de novembro de 2008. Gaga coproduciu neste disco todas as cancións, sendo tamén a compositora principal das mesmas. Contou coa colaboración de Beyoncé en Telephone. Nomeada a Album do ano e Mellor álbum vocal de pop nos Grammys 2011, gañou o segundo.

The Fame Monster
Álbum de Lady Gaga
Gravación2009
Duración34:15
Xénero(s)Pop, electropop, dance
Selo(s)Intercope, Streamline, Kon Live, Cherrytree
Producido porLady Gaga, RedOne, Space Cowboy, Ron Fair, Fernando Garibay, Darkchild, Teddy Riley
Cronoloxía
The Fame (2008) The Fame Monster Born This Way (2011)

Contido editar

The Fame Monster experimenta os diversos medos da cantante a través de cada unha das súas cancións. En Bad Romance, reflexiona sobre o medo ó amor, incorporando de forma maxistral algúns títulos de filmes de Alfred Hitchcock; Alejandro canta sobre o medo ó sexo; Monster faino sobre os homes, os monstros que Gaga puidera atopar nas discotecas de media Europa a bordo da súa primeira xira; en Speechless, Gaga canta sobre o medo á morte nunha canción escrita para convencer a seu pai de que se operase dunha enfermidade cardíaca; Dance In The Dark trata sobre as inseguridades; nas letras de Telephone vemos a Gaga rompendo co seu mozo e cansada da pesadez del, que non deixa de chamala; o medo ó alcol e unha reflexión sobre o estado ó que nos leva ten o seu momento en So Happy I Could Die, sendo Teeth a última canción, adicada ó medo a non ter o propio medo.

Crítica editar

The Fame Monster recibio unhas puntuacións altas por parte dos críticos de música. Algúns sinalaron que hai algo fascinante en como Gaga rexeita calquera comparación coas outras popstars. Recibiu apelativos de Obra de arte (The Guardian), marabillosamente orixinal (The Observer), sinalando que as mellores canción son Bad Romance e Dance In The Dark e o peor posto é ocupado pola balada Speechless. The Daily Telegraph sinalaba que aínda que o tema do álbum non está tan marcado como en The Fame, a enerxía da voz de Gaga, a súas letras e melodías audaces, ás veces divertidas e sensacionais, fan deste o seu mellor traballo. Moitos sinalaron que é a mesma cantante quen escribe e compón cada unha das súas cancións. Para El País, Gaga demostra que pode falar máis que sobre frivolidades sinalando que Bad Romance é a mellor canción, as peores son Teeth e Speechless .

Comercialización editar

O segundo álbum da neoiorquina chegou ó #5 na Billboard 200 e ocupou o #1 en varios países do vello continente. Mundialmente, vendeu máis 7.000.000 de copias. En España, The Fame Monster debutou no #3, estando durante 87 semanas na lista, cun total de 25.000 exemplares vendidos.

Gaga promocionou este álbum en diversos programas de televisión no seu país natal e na xira The Monster Ball Tour. Esta xira de 201 espectáculos en Europa, América, Asia e Oceanía, aclamada pola crítica, comezou o 27 de novembro de 2009 e rematou o 6 de maio de 2011, sendo a que máis ten recadado por un artista debutante e o #14 tour máis exitoso de todos os tempos.

Os sinxelos elixidos para a promoción do álbum foron Bad Romance (25 de outubro de 2009), Telephone ( 26 de xaneiro de 2010), Alejandro (20 de abril de 2010) e, só en Australia e Francia, Dance In The Dark (26 de xullo de 2010).

Sinxelos editar

  1. Bad Romance ( 25 de outubro de 2009 ) #1 en España
  2. Telephone ( 26 de xaneiro de 2010 ) #5 en España
  3. Alejandro ( 20 de abril de 2010 ) #3 en España
  4. Dance In The Dark ( 26 de xullo de 2010 ) [só en Australia, Nova Zelandia e Francia ]

Listaxe de cancións editar

  1. Bad Romance (Lady Gaga, RedOne) - 4:55
  2. Alejandro (Lady Gaga, RedOne) - 4:34
  3. Monster (Lady Gaga, RedOne, Space Cowboy) - 4:09
  4. Speechless (Lady Gaga) - 4:30
  5. Dance in the Dark (Lady Gaga, Fernando Garibay) - 4:49
  6. Telephone (Lady Gaga, Rodney Jerkins, Lashawn Daniels, Lazonate Franklin, Beyoncé) - 3:41
  7. So Happy I Could Die (Lady Gaga, RedOne, Space Cowboy) - 3:55
  8. Teeth (Lady Gaga, Taja Riley) - 3:40