The Fame é o primeiro álbum de estudio da cantante de pop estadounidense Lady Gaga. Todas as cancións están escritas pola propia cantante, coa axuda dos produtores.

The Fame
Álbum de Lady Gaga
Gravación2008
Duración50:38
Xénero(s)Pop, electrónica, electronic dance music
Selo(s)Intercope, Streamline, Kon Live, Cherrytree
Producido porRedOne, Rob Fusari, Martin Kierszenbaum, Space Cowboy, Brian Kierulf, Josh Schwartz, Lady Gaga
Cronoloxía
The Fame The Fame Monster

Debutou o 28 de outubro de 2008, chegando ó #2 na Billboard 200,#1 no Reino Unido e #3 en España. Recibiu boas críticas, sinalando moi positivamente o contido lírico do álbum e a capacidade vocal de Gaga. Gañador do Grammy a mellor álbum dance/electrónico en 2010, 'The Fame' ten vendido a día de hoxe máis de 15.000.000 de copias, converténdose así en disco de diamante e sendo o disco máis vendido da historia dixital nos Estados Unidos. En España ten vendido máis de 100.000 exemplares (disco de platino).

Composición editar

Gaga comezou a escribir este álbum en 2006, traballando con varios produtores (RedOne, Fusari, Kierszebaum). As cancións deste álbum están inspiradas, na súa maioría, no amor de Gaga á fama, e máis polo miúdo, ao estilo de vida da clase rica e famosa de Nova York. Musicalmente, ten influencias do electropop e synthpop da década dos anos 80, mesturando este estilos co dance. En canto ao título e concepto do álbum, a mesma Gaga explicou: The Fame é sobre como calquera se pode sentir famoso. A cultura pop é arte. A fama que canto no álbum é unha fama compartibel, quérovos invitar a todos á festa, quero que a xente se sinta parte deste estilo de vida.

Promoción editar

O primeiro single foi Just Dance (8 de abril de 2008), foi a canción que deu a coñecer a Gaga internacionalmente, estaba no top 10 de máis de 30 países. Ten vendidos, ata a data de hoxe, 7.700.000 copias a nivel mundial. O segundo single foi Poker Face (25 de setembro de 2009). Esta canción foi #1 en 15 países e deulle un gran recoñecemento mundial a Gaga, converténdose na súa canción máis coñecida. Hoxe en día, as súas vendas sitúanse nos 10.000.000 de exemplares. Eh, Eh (Nothing Else I Can Say) foi lanzada como terceiro sinxelo do álbum en Suecia, Australia e Nova Zelandia (xaneiro de 2009). Máis tarde, sería lanzada en Francia. LoveGame foi seleccionada como o terceiro single mundial en marzo de 2009, acadando o top 5 nas principais listas mundiais. O último sinxelo extraído do álbum debut da neoiorquina foi Paparazzi en xullo de 2009. Esta canción contou cun impresionante vídeo dirixido por Jonas Akerlund e converteuse no cuarto número un de Gaga na lista estadounidense Pop Songs. Á par, Gaga saía a promocionar o disco nunha pequena xira que a levaría a percorrer pequenos escenarios de Europa e Norteamérica, o The Fame Ball Tour .

Sinxelos editar

  1. Just Dance (8 de abril de 2008) #3 en España
  2. Poker Face (23 de setembro de 2008) #2 en España
  3. Eh Eh (Nothing Else I Can Say) (31 de xaneiro de 2009)
  4. LoveGame (24 de marzo de 2009)
  5. Paparazzi (6 de xullo de 2009) #46 en España

Créditos editar

  • Produtor executivo - Vincent Herbert (Streamline Records)
  • Produtores - Rob Fusari, RedOne, Martin Kierszenbaum, Lady Gaga, Josh Schwartz
  • Escritores - Lady Gaga, Rob Fusari, RedOne, Martin Kierszenbaum, Josh Schwartz.

Premios editar

Cerimonia de premiación Premio Resultado
Billboard Year End Chart Awards (2009) Mellor álbum dance/electrónica Gañador
Premios Oye (2009) Álbum do ano Gañador
Virgin Media Music Awards (2009) Álbum do ano Gañador
Brit Awards (2010) Álbum Internacional Gañador
Grammy Awards (2010) Álbum do ano Nomeado
Grammy Awards (2010) Álbum dance/electrónica Gañador
World Music Awards (2010) Mellor álbum de 2009 Gañador

Cancións editar

  1. Just Dance (Lady Gaga, RedOne, Akon) – 4:04
  2. LoveGame (Lady Gaga, RedOne) – 3:33
  3. Paparazzi (Lady Gaga, Rob Fusari) – 3:28
  4. Poker Face (Lady Gaga, RedOne) – 3:59
  5. Eh Eh (Nothing Else I Can Say) (Lady Gaga, Martin Kierszenbaum) – 2:57
  6. Beautiful Dirty Rich (Lady Gaga, Rob Fusari) – 2:54
  7. The Fame (Lady Gaga, Kierszenbaum) – 3:44
  8. Money Honey (Lady Gaga, RedOne, Bilal Hajji) - 2.50
  9. Starstruck (Lady Gaga, Kierszenbaum, Space Cowboy) - 3:37
  10. Boys Boys Boys (RedOne,Lady Gaga ) – 3:22
  11. Paper Gangsta ( Lady Gaga, RedOne) - 4:23
  12. Brown Eyes (Lady Gaga, Rob Fusari) – 4:05
  13. I Like It Rough (Lady Gaga, Martin Kierszenbaum) – 3:22
  14. Summerboy (Lady Gaga, Josh Schwartz, Brian Kierulf) – 4:16

Bonus Tracks

  • Again Again (Lady Gaga) – 3:06 (Reino Unido e Irlanda)
  • Disco Heaven (Lady Gaga, Rob Fusari, Tom Kafafian) - 3:41 (Europa, Oceanía e América)
  • Retro Dance Freak (Lady Gaga, Rob Fusari) - 3:22 (Xapón e versión internacional de The Fame Monster)