The End of Radio
The End of Radio é un álbum ao vivo da banda estadounidense de post-hardcore Shellac, publicado o 14 de xuño de 2019 a través do selo Touch and Go Records.[1] As cancións do disco proceden de dúas Peel Sessions inéditas na BBC Radio, unha o 14 de xullo de 1994 e a outra o 1 de decembro de 2004. As sesións graváronse nos históricos BBC Maida Vale Studios.[2]
The End of Radio | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de directo de Shellac | ||||
Edición | 14 de xuño de 2019 | |||
Gravación | 14 de xullo de 1994 e 1 de decembro de 2004 | |||
Xénero(s) | noise rock, post-hardcore | |||
Selo(s) | Touch and Go Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
The End of Radio foi editado como un disco dobre, con cada sesión nun deles. A primeira sesión gravouse no Maida Vale Studio 3 e emitiuse no programa John Peel Radio One Show o 22 de xuño de 1994, e a segunda gravouse no Maida Vale Studio 4 e saíu ao aire ao día seguinte, o 2 de decembro de 2004, no programa John Peel Show.[1]
Listaxe de cancións
editarSesión do 14 de xullo de 1994 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Spoke" | 2:03 | |||||||
2. | "Canada" | 2:28 | |||||||
3. | "Crow" | 4:45 | |||||||
4. | "Disgrace" | 2:22 |
Sesión do 1 de decembro de 2004 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Ghosts" | 5:40 | |||||||
2. | "The End of Radio" | 9:16 | |||||||
3. | "Canada" | 2:54 | |||||||
4. | "Paco" | 6:12 | |||||||
5. | "Steady As She Goes" | 5:05 | |||||||
6. | "Billiard Player Song" | 9:10 | |||||||
7. | "Dog And Pony Show" | 4:27 | |||||||
8. | "Il Porno Star" | 7:35 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Shellac - The End Of Radio". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Shellac Announce New Album of Unreleased Peel Sessions". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-11.