The Dialectic of Sex

libro de Shulamith Firestone

The Dialectic of Sex: The Case for Feminist Revolution (1970) é un libro da feminista radical Shulamith Firestone.Escrito durante uns meses nos que Firestone tiña 25, foi descrito como un clásico do pensamento feminista.[1][2]

The Dialectic of Sex
Autor/aShulamith Firestone
OrixeEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
EditorialWilliam Morrow and Company
editar datos en Wikidata ]

Firestone defende que o "sistema de clase sexual" [3] funciona antes e máis profundamente que calquera outra forma de opresión, e que a erradicación do sexismo precisa unha reorganización radical da sociedade: "as primeiras mulleres fuxen do masacre e, tremendo e abaneándose, comezan a buscarse entre elas ... Isto é doloroso: sen importar os niveis de consciencia ós que se chega, o problema sempre vai alén. Está en todas partes.  ... as feministas deben cuestionar non só toda a civilización occidental, se nón tamén a organización da cultura mesma, e ademais, mesmo a organización da natureza."[4]

O obxectivo da revolución feminista, escribe, "non debe ser só a eliminación do privilexio masculino, se non a da propia distinción sexual", de feito que as diferenzas xenitais non teñan importancia cultural.[5]

Resumo editar

As teorías de Firestone foron descritas pola profesora de filosofía Mary Anne Warren do seguinte xeito: Firestone argumenta que a dicotomía sexual biolóxica, particularmente a división biolóxica do traballo reprodutivo, é a causa final da dominación masculina, da explotación económica das clases, do racismo, do imperialismo e da irresponsabilidade ecolóxica. A desigualdade sexual é "unha dominación opresiva que vai alén da historia rexistrada do propio reino animal": neste senso, foi universal e inevitable, pero agora existen condicións previas culturais e tecnolóxicas que fan que a súa eliminación sexa posible, e quizais necesarias para a supervivencia humana.[2]

Firestone describe a súa aproximación como un materialismo dialéctico máis radical có de Karl Marx e Friedrich Engels. Cre que, na súa preocupación polos procesos económicos, Marx e Engels fallaron ó non percibir "o substrato sexual da dialéctica histórica". Ó contrario que Engels, Firestone mantén que a dominación masculina está baseada bioloxicamente e que existe como tal moito antes da institución da propiedade privada e a familia patriarcal monógama que se crea coa propiedade privada. A dominación masculina é o resultado da "familia biolóxica", tanto matrilineal como patrilineal, e da dependencia inevitable nos homes de mulleres e nenos dentro da familia por protección e mesmo por subsistencia. Non houbo matriarcados antigamente (sociedades gobernadas por mulleres) e a posición aparentemente superior das mulleres nas culturas matrilineais débese só á debilidade relativa dos homes. Sexa cal sexa o sistema de liñaxe, a vulnerabilidade das mulleres durante o embarazo e o longo período de infancia humana precisa do papel protector (e polo tanto dominante) do home.[2]

Notas editar

  1. Faludi 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 Warren 1980, pp. 155–157.
  3. Firestone 1970, p. 29.
  4. Firestone 1970, pp. 3–4.
  5. Firestone 1970, p. 11.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar