The Dead Weather
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
The Dead Weather é un supergrupo estadounidense de rock alternativo, formado en Nashville, Tennessee en 2009. Composto por Alison Mosshart (de The Kills e Discount), Jack White (de The White Stripes e The Raconteurs), Dean Fertita (de Queens of the Stone Age) e Jack Lawrence (de The Raconteurs, The Greenhornes e City and Colour),[1] The Dead Weather estreouse na inauguración da sede do selo Third Man Records en Nashville o 11 de marzo do 2009. Pouco despois editaron o seu primeiro sinxelo, "Hang You from the Heavens".
The Dead Weather | |
---|---|
Orixe | Nashville, Tennessee, |
Período | 2009 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, blues-rock, garage rock, rock pricodélico |
Selo(s) discográfico(s) | Third Man Records |
Membros | Alison Mosshart Dean Fertita Jack Lawrence Jack White |
Na rede | |
thedeadweather.com | |
Historia
editarFormación
editarCando The Raconteurs actuaron en Memphis, Tennessee, Jack White quedou sen voz e a banda pediulle a Alison Mosshart de The Kills que o substituíse nalgúns temas. Ela fixo as voces principais en "Steady as She Goes" e "Salute Your Solution". White posteriormente preguntoulle se podería gravar un tema con el e Jack Lawrence. Os tres coñeceron a Dean Fertita no estudio e acabaron realizando máis que unha única canción esa noite.
Finalmente decidiron formar unha banda con Mosshart como cantante principal, Lawrence no baixo, Fertita na guitarra e nos teclados e White na batería. Jack White dixo que quería tocar a batería na banda porque despois de tocala en "Another Way to Die" con Alicia Keys, interesouse máis polo instrumento. Xa tocara cando era neno, e na banda Goober & the Peas antes de formar The White Stripes. White afirmou que verse tocando a guitarra noutra banda sería moi repetitivo e vía a oportunidade de facer algo distinto.
Influencias
editarTanto Alison Mosshart como Jack White están fortemente influenciados por Captain Beefheart e participaran en varios tributos seus, ademais de ter versionados cancións súas coas súas anteriores bandas. The Dead Weather adoitan a iniciar as súas actuacións cunha intro do tema de Captain Beefheart "Sure Nuff 'N' Yes I Do". Na canción "Hussle and Cuss", a primeiroa liña que canta Alison é "knock on the door and the door knocks back", unha clara referencia á canción de Beefheart "The Dust Blows Forth 'n the Dust Blows Back". En "Blue Blood Blues" Jack canta "Lick an ice-cream cone" que pode ser unha referencia á canción "Ice-Cream For Crow".
Horehound
editarEn xaneiro do 2009, Mosshart, Fertita, Lawrence e White reuníronse para unha sesión improvisada no estudio White's Third Man. S sesión foi seguida por dúas semanas e media de composición e gravacións, durante as cales formouse The Dead Weather.
O álbum de estrea de The Dead Weather, Horehound, editouse o 13 de xullo de 2009 en Europa e un día máis tarde en Norteamérica. Entrou no posto 6 da lista Billboard 200 e no 14 da lista vritánica de álbums. Tres dos seus temas ("No Hassle Night," "Hang You from the Heavens" e "Treat Me Like Your Mother") estiveron dispoñibles como contido descargable para o videoxogo Rock Band o mesmo día da edición norteamericana.
Jack White co-dirixiu un pequeno documental sobre a banda chamado Full Flash Blank. Nel aparecen entrevistas exclusivas cos membros do grupo e tamén aparecen tocando "60 Feet Tall," "I Cut Like A Buffalo" e "Treat Me Like Your Mother". Full Flash Blank foi emitido no Channel 4 xusto despois do programa Later... With Jools Holland no que saía The Dead Weather interpretando os seus tres primeiros sinxelos.
Sea of Cowards
editarO 16 de outubro do 2009 Mosshart confirmou que un segundo traballo estaba a medio camiño.[2] White anunciou posteriormente que o seu primeiro sinxelo chamaríase "Die By The Drop", para o cal el faría as voces principais.
Sea Of Cowards lanzouse inicialmente o 7 de maio do 2010 en Irlanda, e posteriormente o día 10 e o 11 nos Estados Unidos e no Reino Unido respectivamente. O álbum acadou o número 5 na lista Billboard 200.[3] A súa canción "Rolling in on a Burning Tire" aparece na banda sonora da película The Twilight Saga: Eclipse.
Os membros de The Dead Weather volveron aos seus outros proxectos; porén, Lawrence dixo que cara finais do ano 2010 a banda volvería a realizar máis gravacións ou concertos.
Discografía
editarÁlbums de estudio
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Horehound | 2009 | Third Man Records |
Sea of Cowards | 2010 | Third Man Records |
Dodge and Burn | 2015 | Third Man Records |
EPs
editarNotas
editar- ↑ "Jack White unveils new band with members of Queens of the Stone Age and the Kills". the Guardian (en inglés). 2009-03-13. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ "New Dead Weather LP 'half done'". BBC News (en inglés). 2009-10-16. Consultado o 2024-10-13.
- ↑ Cabison, Rosalie (2013-01-02). "Billboard 200™". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-10-13.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 22 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.