Abrir o menú principal

Jack Lawrence, nado en Covington (Kentucky) o 18 de decembro de 1976, é un músico estadounidense.

Jack Lawrence
Jack Lawrence, Stockholm.jpg
Nacemento18 de decembro de 1976 (42 anos)
OrixeCovington, Kentucky Flag of the United States.svg
Ocupacióncantante, banjoísta, autor-compositor e mandolinist
Instrumento(s)baixo, banjo, autoharpa
Relacionado conThe Greenhornes, The Raconteurs, The Dead Weather, Blanche
Tempo en activo1996 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Lawrence toca o baixo en The Raconteurs, The Greenhornes e The Dead Weather, ademais da autoharpa e o banjo en Blanche. Tamén foi convidado para gravar o tema para a película de James Bond de 2008 Quantum of Solace, titulada "Another Way To Die", onde tocou o baixo e a guitarra barítona. O 22 de maio do 2009, Lawrence casou coa fotógrafa Jo McCaughey na casa de Jack White en Nashville nunha dobre cerimonia, onde tamén casou Meg White. Recentemente Lawrence contribuíu na banda sonora da película de Spike Jonze Onde viven os monstros. Non aparece acreditado pero tamén é un dos membros da banda de Karen O, Karen O and the Kids, coa que gravou o seu álbum.

DiscografíaEditar

1999 The Greenhornes Gun For You
2001 The Greenhornes The Greenhornes
2002 The Greenhornes Dual Mono
2004 Loretta Lynn Van Lear Rose
2004 Blanche America's Newest Hitmakers
2005 The Greenhornes East Grand Blues EP
2005 The Greenhornes Sewed Soles
2006 The Raconteurs Broken Boy Soldiers
2008 The Raconteurs Consolers of the Lonely
2009 The Dead Weather Horehound
2009 Karen O & The Kids Onde viven os monstros banda sonora
2010 The Dead Weather Sea of Cowards
2010 The Greenhornes ★★★★