The Darkness

The Darkness é unha banda inglesa de glam rock procedente de Lowestoft, Suffolk, e fundada no ano 2000. O grupo está composto por Justin Hawkins (voces e guitarra), o seu irmán Dan Hawkins (guitarra e coros), Frankie Poullain (baixo e coros) e Ed Graham (batería), e caracterízase polas súas influencias do rock clásico e as súas elaboradas actuacións.

The Darkness
The Darkness at 930 Club.JPG
OrixeLowestoft, Inglaterra Inglaterra
Período2000 - 2006
2011 - presente
Xénero(s)glam metal, hard rock, glam rock, heavy metal
Selo(s) discográfico(s)Must Destroy, Atlantic, Warner, EastWest, PIAS Wind-up Records
MembrosJustin Hawkins
Dan Hawkins
Ed Graham
Frankie Poullain
Antigos membrosRichie Edwards
Chris McDougal
Artistas relacionadosHot Leg, Stone Gods, British Whale, Puppets to the Supreme Commander
Páxina webtheactualdarkness.com

TraxectoriaEditar

The Darkness fixéronse famosos co lanzamento do seu álbum de estrea, Permission to Land, no ano 2003. Respaldado polos sinxelos "I Believe in a Thing Called Love", "Growing on Me", "Get Your Hands off My Woman" e "Love is Only a Feeling", o disco foi certificado cuádruplo platino no Reino Unido, con vendas de más de 1.300.000 exemplares. No ano 2004 a banda gañou tres premios Brit: Mellor grupo británico, Mellor artista de rock británico, e Mellor álbum británico.

Despois de xirar extensamente promocionando o seu primeiro disco, Poullain deixou a banda no ano 2005, sendo substituído polo antigo técnico de guitarras Richie Edwards. O segundo álbum de estudio, One Way Ticket to Hell... and Back, foi publicado en novembro do ano 2005. No ano seguinte Justin Hawkins abadonou o grupo despois de compltar con éxito un curso de rehabilitación polos seus problemas co alcohol e a cocaína. Como resultado, o resto dos membros formaron Stone Gods, e coninuaron actuando e gravando sen Hawkins, que posteriormente lideraría o seu propio proxecto, Hot Leg.

O 15 de marzo de 2011 The Darkness anunciou concertos de reunión co baixista orixinal Frankie Poullain. O seu terceiro, Hot Cakes, álbum foi publicado o 20 de agosto do 2012.

DiscografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar