Buzzcocks
Buzzcocks é unha banda inglesa de punk rock formada en Bolton en 1976 polo vocalista e guitarrista Pete Shelley. Son considerados unha importante influencia na escena musical de Manchester, o movemento discográfico independente, o punk rock, o powerpop, o pop punk e o indie rock. Acadaron o éxito comercial con sinxelos que fusionaban as estruturas pop coa enerxía do punk.
Buzzcocks | |
---|---|
A banda ao vivo no 2006 | |
Orixe | Bolton, Inglaterra |
Período | 1976 - 1981 1989 - presente |
Xénero(s) | punk rock, pop punk, New Wave |
Selo(s) discográfico(s) | I.R.S. Records, Cooking Vinyl Records, ROIR Records, EMI |
Membros | Pete Shelley Steve Diggle Chris Remmington Danny Farrant |
Antigos membros | Howard Devoto Garth Mick Singleton John Maher Barry Adamson Steve Garvey Mike Joyce Tony Barber Phil Barker |
Artistas relacionados | Flag of Convenience, Magazine |
Na rede | |
http://www.buzzcocks.com/ | |
O nome "Buzzcocks" foi escollido por Howard Devoto e Pete Shelley despois de ler o titular "it's the buzz, cocks!" nunha recensión da serie de televisión Rock Follies na revista Time Out. O "buzz" é a excitación de tocar nun escenario; "cock" na xerga de Manchester significa colega.
Aínda que non tiveron tanta proxección como os tamén ingleses Sex Pistols e The Clash, os Buzzcocks foron referencia para bandas coma The Libertines, Green Day ou The Offspring (que versionaron o seu tema "Autonomy"). Fine Young Cannibals, Anti-Flag, Billy Talent e Thursday versionaron a súa canción "Ever Fallen in Love", mentres que Nirvana convidounos para que fosen os abreconcertos na que sería a súa derradeira xira europea.
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Another Music in a Different Kitchen | 1978 | United Artists Records |
Love Bites | 1978 | United Artists Records |
A Different Kind of Tension | 1979 | United Artists Records |
Trade Test Transmissions | 1993 | Castle |
All Set | 1996 | I.R.S. Records |
Modern | 1999 | Go-Kart Records |
Buzzcocks | 2003 | Merge Records |
Flat-Pack Philosophy | 2006 | Cooking Vinyl |
The Way | 2014 | PledgeMusic |