The Bourne Identity
The Bourne Identity é un filme estadounidense de espías dirixido por Doug Liman que se estreou no 2002. Baséase na novela homónima de Robert Ludlum. É o primeiro filme da serie de Bourne, seguida por The Bourne Supremacy (2004), e The Bourne Ultimatum (2007). O cuarto filme, The Bourne Legacy, está previsto para ser estreado en xullo de 2012.
The Bourne Identity | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Bourne Identity |
Director | Doug Liman |
Produtor | Frank Marshall Richard N. Gladstein Doug Liman |
Guión | Tony Gilroy William Blake Herron |
Baseado en | The Bourne Identity de Robert Ludlum |
Intérpretes | Matt Damon Franka Potente Chris Cooper Clive Owen Brian Cox Julia Stiles Adewale Akinnuoye-Agbaje |
Música | John Powell |
Fotografía | Oliver Wood |
Montaxe | Saar Klein Christopher Rouse |
Estudio | The Kennedy/Marshall Company FilmColony |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 2002 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $60 000 000[1] |
Recadación | $214 034 224 |
Filme seguinte | The Bourne Supremacy |
Na rede | |
https://www.uphe.com/movies/the-bourne-identity | |
Sinopse
editarUn home amnésico é rescatado pola tripulación dun barco pesqueiro italiano cando flotaba á deriva no mar. Non leva nada consigo. Só as balas que leva cravadas nas costas e un número de conta dun banco suízo que leva adherido nos cadrís. Carece de identidade e de pasado, pero posúe unha serie de talentos extraordinarios en artes marciais e de autodefensa, ademais de falar varias linguas, que suxiren unha profesión de risco. Confuso e desorientado, emprende unha frenética busca para descubrir quen é e por que a súa vida cambiou repentinamente.
Personaxes
editar- Matt Damon como Jason Bourne
- Franka Potente como Marie Helena Kreutz
- Brian Cox como Ward Abbott
- Julia Stiles como Nicolette Parsons
- Chris Cooper como Alexander Conklin
- Clive Owen como O Mestre
- Adewale Akinnuoye-Agbaje como Nykwana Wombosi
- Gabriel Mann como Daniel Zorn
- Tim Dutton como Eamon
- Nicky Naude como Castel
- Russell Levy como Manheim
- David Selburg como Marshall
- Vincent Franklin como Rawlins
- Harry Gilbert como Alain
- Katie Thynne como Claudia
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial Arquivado 21 de setembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)