Robert Ludlum

novelista

Robert Ludlum, nado en Nova York en 1927 e finado en Maples, Florida, en 2001, foi un escritor nortemericano. É autor de 29 novelas de suspense que venderon máis de 210 millóns de exemplares en 32 linguas.

Robert Ludlum
AlcumeJonathan Ryder e Michael Shepherd
Nacemento25 de maio de 1927
Lugar de nacementoNova York
Falecemento12 de marzo de 2001
Lugar de falecementoNaples
Causaqueimadura
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Wesleyana, Cheshire Academy e Rectory School
Ocupaciónescritor, novelista, guionista, escritor de ciencia ficción e produtor delegado
Coñecido porBourne Trilogy
PremiosPrix Mystère de la Critique
Na rede
http://www.robert-ludlum.com/
IMDB: nm0524924 Allocine: 53394 Allmovie: p318011
Musicbrainz: 48caf170-f3b7-4098-9d4b-940675c156da Discogs: 2418559 WikiTree: Ludlum-125 Find a Grave: 8962773 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Medrou en Nova Jersey e durante a segunda guerra mundial ingresa nos Marines. Logo do remate da guerra estuda na Universidade de Wesleyan e logo de licenciarse comeza unha carreira de actor de teatro. En 1971 publica a súa primeira novela, The Scarlatti Inheritance, que se converte nun éxito de vendas.

As súas novelas máis coñecidas forman a triloxía de Bourne, e a pesar do éxito comercial das súas novelas, nunca tivo o favor da crítica. Xunto con Gayle Lynds creou a serie Covert-One, que inclúen The Hades Factor, The Paris Option e The Altman Code, protagonizadas por Jon Smith, médico e oficial da armada norteamericana que acepta traballar para unha axencia ultrasecreta chamada Covert-One.

Algunhas das súas novelas leváronse ao cine como The Osterman Weekend, The Holcroft Covenant, Apocalypse Watch, The Bourne Identity e The Bourne Supremacy, as máis famosas foron as da serie Bourne protagonizadas por Matt Damon

ObrasEditar