The Book of Lost Tales

colección de historias de J. R. R. Tolkien

The Book of Lost Tales é unha colección de historias do escritor inglés J. R. R. Tolkien, publicada como os primeiros dous volumes da serie de 12 volumes de Christopher Tolkien The History of Middle-earth, no cal presenta e analiza os manuscritos daquelas historias, as cales forman a máis antiga forma (comezou en 1917) da mitoloxía ficticia que posteriormente formaría parte do ​Silmarillion. A cada un dos contos séguenlle notas e un comentario detallado de Christopher Tolkien.[1]

The Book of Lost Tales
Tipoobra literaria Editar o valor en Wikidata
Forma artísticacolección de contos Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticofantasía épica e fantasía Editar o valor en Wikidata
Autoría
Autor/aJ. R. R. Tolkien e Christopher Tolkien Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principallegendarium de Tolkien Editar o valor en Wikidata
Ambientado enArda Editar o valor en Wikidata
Parte deThe History of Middle-earth Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiolegendarium de Tolkien Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeReino Unido Editar o valor en Wikidata
EditorialGeorge Allen & Unwin Limited Editar o valor en Wikidata
Parte da serieThe History of Middle-earth Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Premios
Identificadores
OCLC11779323 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL27435W Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Para a publicación do libro dividiuse o contido en dous volumes: The Book of Lost Tales 1 (1983) e The Book of Lost Tales 2 (1984), mais isto foi simplemente unha división editorial. Ámbolos dous volumes están separados en diversos "contos perdidos".

Capítulos

editar

Libro 1

editar
  1. "The Cottage of Lost Play" — a historia "marco"
  2. "The Music of the Ainur" — a primeira versión do que sería Ainulindalë
  3. "The Coming of the Valar and the Building of Valinor" — posterior Valaquenta e primeiros capítulos de Quenta Silmarillion
  4. "The Chaining of Melko"—Melko é o nome antigo de Melkor
  5. "The Coming of the Elves and the Making of Kôr" —Kôr é o posterior Tirion e o seu outeiro Túna
  6. "The Theft of Melko and the Darkening of Valinor"
  7. "The Flight of the Noldoli" —"Noldoli" son os elfos posteriormente chamados Noldor
  8. "The Tale of the Sun and Moon"
  9. "The Hiding of Valinor"
  10. "Gilfanon's Tale: The Travail of the Noldoli and the Coming of Mankind"

Libro 2

editar
  1. "The Tale of Tinúviel" — a primeira versión do conto de Beren e Lúthien
  2. "Turambar and the Foalókë" — a primeira versión da saga de Túrin
  3. "The Fall of Gondolin" — a única narrativa complet da caída de Gondolin
  4. "The Nauglafring" — conto do colar anano coñecido como o Nauglamír
  5. "The Tale of Eärendel" — a única narrativa completa das viaxes de Eärendil
  6. "The History of Eriol or Ælfwine and the End of the Tales"— un ensaio sobre os cambios no marco e os contos "non escritos".