The Blows
The Blows é un grupo de pop vigués creado a finais de 2005.
The Blows | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Vigo, Galiza ![]() |
Período | 2006 - 2014 |
Xénero(s) | indie rock, post-punk revival, dance-rock |
Membros | Roy Basanta Bruno Mosquera Tarci Ávila |
Antigos membros | Álex Penido (batería) Gael Pintos (batería) Álex Lago (†2013, baixista) |
Páxina web | www.blows.es |
En 2006 autoeditan a súa primeira maqueta e a partir de aí inician algunhas actuacións para programas de radio e televisión locais. Con esa demo acadan premios coma o de mellor maqueta no concurso Maketon Estrella Galicia, e son finalistas en festivais españois coma Contempopránea, Vigo Transforma, Festimad ou Caceres Pop Art.
O 18 de agosto de 2013 faleceu vítima dun cancro o baixista eléctrico do grupo, Álex Lago[1]. Tras isto o proxecto dun novo álbum, que ía chamarse La Guerra del Fuego, quedou paralizado, despois de ter gravados numerosos temas[2]. Actualmente a banda encóntrase nun paréntese na súa actividade desde un último concerto homenaxe na memoria de Álex Lago, que celebrouse o 8 de marzo de 2014 na sala La Iguana Club de Vigo.