The Best Day é o cuarto álbum de estudio do músico estadounidense de rock alternativo Thurston Moore, publicado o 20 de outubro de 2014 a través do selo Matador Records. A portada do disco é unha fotografía da nai de Moore tomada ao redor do ano 1940.[1]

The Best Day
Álbum de Thurston Moore
Publicado20 de outubro de 2014
Duración50:22
Xénero(s)rock alternativo, noise rock
Selo(s)Matador Records
Producido porThurston Moore
Cronoloxía
Demolished Thoughts The Best Day Rock n Roll Consciousness

Edición editar

A lanzamento de The Best Day anunciouse en marzo de 2014 a través do blog de noticias oficial de Sonic Youth. Un mes antes deste anuncio Moore publicou o tema "Detonation" como un sinxelo de 7 polgadas, acompañado de "Germs Burn" como cara b a través do selo independente inglés Blank Editions como parte das súas Solo Series.[2][3]

O 20 de agosto realizouse un anuncio formal do lanzamento do disco por parte de Matador Records, incluíndo a súa portada, a listaxe de temas e as datas de edición.[4] O álbum sería publicado o 20 de outubro en Dinamarca, Francia, Suecia e o Reino Unido; o 21 en España e os Estados Unidos; e o 24 en Alemaña, Irlanda, Países Baixos e Suíza. Unha semana antes do lanzamento internacional oubo dispoñibles streamings oficiais do disco a través das páxinas de NPR Music e The Guardian.[5][6] The Best Day foi lanzado como LP dobre, CD sinxelo e descarga dixital, levando as 100 primeiras copias do vinilo estadounidense un póster autografado.[7]

Listaxe de cancións editar

N.º Título Duración
1. "Speak to the Wild"   8:30
2. "Forevermore"   11:15
3. "Tape"   5:54
4. "The Best Day"   4:31
5. "Detonation"   2:56
6. "Vocabularies"   4:31
7. "Grace Lake"   6:53
8. "Germs Burn"   5:52

Notas editar

  1. Rolling Stone (ed.). "Thurston Moore's New Day: Inside His Upbeat Rock & Roll Solo Album". Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  2. The Vinyl Factory (ed.). "Hear Thurston Moore’s ‘Detonation’ 7″ inspired by Stoke Newington activists". Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  3. Pitchfork (ed.). "Listen: Thurston Moore: "Detonation"". Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  4. Matador Records (ed.). "oming October 21 : Thurston Moore’s ‘The Best Day’". Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  5. NPR Music (ed.). "First Listen: Thurston Moore, 'The Best Day'". Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  6. The Guardian (ed.). "Thurston Moore – The Best Day: album stream". Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  7. Matador Records (ed.). "The Best Day". Consultado o 7 de agosto de 2017.