O tetarté (en grego: τεταρτη; de τεταρτος -tetartos-, "un cuarto") era unha moeda da Antiga Grecia, de ouro ou de prata, que tiña o valor da cuarta parte dun estatero de ouro ou dun estatero de prata, e un peso de arredor de dous gramos.[1][2]

Comparación do tamaño dos tetartés (arriba) e os tetradracmas (abaixo) na época de Alexandre o Grande.

De maneira diferente ao trité, que gozou dunha ampla circulación, o tetarté foi un valor cuñado só en contadas ocasións.[3]

O peso varía segundo o padrón monetario correspondente. A modo de exemplo, con esta denominación emitiuse en Licia unha moeda no ano 365 a. de C., cun peso de ca. 2,5 gramos, que amosa no seu anverso a cabeza dun león e no seu reverso unha tríscele.

O tetaré como divisor do estatero editar

Esta é a relación de valor entre o tetarté e o resto dos divisores do estatero:[4][5]

  • Hemiestatero: medio estatero.
  • Trité: un terzo.
  • Tetarté: un cuarto.
  • Hecté: un sexto.
  • Hemitetarté: un oitavo.
  • Hemihecté: un doceavo.

Notas editar

  1. Alfaro Asins et al. (2009). "Tetarté".
  2. Vico Belmonte, A. (2006). Páxina 209.
  3. "Tetarté". En Frey (1917). Páxina 239.
  4. Alfaro Asins et al. (2009). "Estatero".
  5. Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos (2016). Páxina 213.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar