O hecté (en grego ἕκτη; de ἑκτεύς) é, nun sentido amplo a denominación grega para calquera moeda que vale a sexta parte doutra unidade, aínda que máis propiamente se aplica para as moedas da Antiga Grecia de prata, electro e bronce co valor equivalente á sexta parte dos estateros deses respectivos metais.[1][2]

Anverso dun hecté de electro de Mitilene, ca. 521-478 a. de C.
Averso dun hecté de electro de Mitilene, ca. 454-427 a. de C.

A sexta parte dos estateros de ouro e de electro das cidades de Xonia, Lidia, Cícico e Focea era unha moeda de uso frecuente na Antigüidade, e cuñada en grandes cantidades. Hai mencións aos Ἕκται Φωκαΐδες en achados de tesouros atenienses dos anos 429 e 397 a. de C. Nun período posterior foron emitidos conxuntamente con Mitilene, en virtude dun acordo con esa cidade.[3][4]

O hecté como divisor do estatero editar

Esta é a relación de valor entre o hecté e o resto dos divisores do estatero:[5][6]

  • Hemiestatero: medio estatero.
  • Trité: un terzo.
  • Tetarté: un cuarto.
  • Hecté: un sexto.
  • Hemitetarté: un oitavo.
  • Hemihecté: un doceavo.

Notas editar

  1. "Hecté". En Alfaro Asins, C. et al. (2009)
  2. "Hecté". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  3. "Hecté". En Frey, A. R. (1916). Páxina 107.
  4. "Hecte." En Smith, W. et al. (1890).
  5. Alfaro Asins et al. (2009). "Estatero".
  6. Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos (2016). Páxina 213.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar