Territorio cromosómico
En bioloxía celular, os territorios cromosómicos son rexións do núcleo celular que están ocupadas preferentemente por determinados cromosomas. Cada cromosoma encóntrase no seu propio territorio.
Os cromosomas durante a interfase están en estado de fibras de cromatina, que son longas fibras formadas por ADN e histonas que están moi pregadas en zonas do núcleo, de modo que este descríbese ás veces como unha cunca de espaguetis. O concepto de territorio cromosómico afirma que malia esta aparente desorde, cada cromosoma ocupa unha rexión definida do núcleo, polo que en realidade o núcleo sería unha parte da célula moi organizada.[1] A maioría dos eucariotas crese que presentan estes territorios cromosómicos, aínda que no lévedo de xemación Saccharomyces cerevisiae non se atoparon.[2]
Características
editarOs territorios cromosómicos teñen forma esferoidal con diámetros da orde de microns.[3]
Os compartimentos nucleares desprovistos de ADN denomínanse compartimentos intercromatínicos e funcionan como túneles que comunican os territorios cromosómicos, que facilitan a difusión de moléculas ás rexións máis empaquetadas ocupadas polos cromosomas.[4][5]
Historia e apoio experimental
editarO concepto de territorio cromosómico foi proposto por Carl Rabí en 1885 baseándose en estudos en Salamandra maculata.[6]
Pero o concepto non foi aceptado ata que modernamente se aplicaron técnicas de hibridación in situ fluorescente.[7]
Os estudos de proximidade xenómica utilizando técnicas como a captura de conformación cromosómica deron tamén apoio ao concepto de territorio cromosómico ao mostraren que os contactos ADN-ADN teñen lugar predominantemente entre determinados cromosomas (non son ao chou como ocorrería se os cromosomas non ocupasen posicións determinadas no núcleo).
Notas
editar- ↑ Meaburn, Misteli T (January 25, 2007). "Chromosome territories". Nature 445.
- ↑ Cremer T, Cremer M (March 2010). "Chromosome Territories". Cold Spring Harb Perspect Biol. 2 (3): a003889. PMC 2829961. PMID 20300217. doi:10.1101/cshperspect.a003889.
- ↑ Meaburn, Misteli T (January 25, 2007). "Chromosome territories". Nature 445.
- ↑ Albiez H, Cremer M, Tiberi C, Vecchio L, Schermelleh L, Dittrich S, Küpper K, Joffe B, Thormeyer T, von Hase J, Yang S, Rohr K, Leonhardt H, Solovei I, Cremer C, Fakan S, Cremer T. Chromatin domains and the interchromatin compartment form structurally defined and functionally interacting nuclear networks. Chromosome Res. 2006;14(7):707-33. Epub 2006 Nov 22. PMID 17115328
- ↑ Rouquette J, Genoud C, Vazquez-Nin GH, Kraus B, Cremer T, Fakan S. Revealing the high-resolution three-dimensional network of chromatin and interchromatin space: a novel electron-microscopic approach to reconstructing nuclear architecture. Chromosome Res. 2009;17(6):801-10. doi: 10.1007/s10577-009-9070-x. PMID 19731052
- ↑ Cremer T, Cremer M (1 March 2010). "Chromosome Territories". Cold Spring Harb Perspect Biol. 2 (3): a003889. PMC 2829961. PMID 20300217. doi:10.1101/cshperspect.a003889.
- ↑ "Chromosome Territories: The Arrangement of Chromosomes in the Nucleus". Nature Education. Consultado o 15 August 2015.