Terra coutada

obra literaria de Antonio Fernández Pérez

Terra coutada é unha novela do escritor galego Antonio Fernández Pérez, escrita na década de 1950 e publicada pola Editorial Galaxia en maio de 1990.

Terra coutada
Autor/aAntonio Fernández Pérez
OrixeGalicia
LinguaGalego
ColecciónGalaxia•Narrativa
Tema(s)Guerra civil española
Xénero(s)Narrativa
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1990
Páxinas324 páx.
ISBNISBN 978-84-7154-712-5
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Terra coutada ía ser publicada xa na década de 1950, tal como figura nalgún dos catálogos da Editorial Galaxia, pero non puido aparecer daquela por mor da censura, ao incluír un episodio biográfico relacionado coa guerra civil.

Nela pódense apreciar os valores literarios e non simplemente circunstanciais que posúe, como o vigor do estilo, axustado e vivo, sen interferencias retóricas, ou o pulso narrativo do autor. O prólogo foi escrito por Ramón Otero Pedrayo en 1968.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar