Teresa San Román Espinosa
Teresa San Román Espinosa,[1] nada na Guarda en 1940 e finada o 14 de xullo de 2024[2], foi unha antropóloga galega. Desenvolveu actividades científicas entre 1967 e o 2010, e entre 1982 e 2010 foi catedrática de antropoloxía social na Universidade Autónoma de Barcelona.[3] Foi coñecida polos seus exhaustivos e pioneiros estudos do pobo xitano, comunidade con quen tamén fixo avances en estudos de antropoloxía aplicada.[4][5]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 ![]() A Guarda, España ![]() |
Morte | 14 de xullo de 2024 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid Universidade de Londres ![]() |
Actividade | |
Ocupación | antropóloga , profesora universitaria ![]() |
Empregador | Universidade Autónoma de Barcelona ![]() |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou historia nas Universidades de Santiago de Compostela e de Madrid, e ao comezo da súa actividade profesional centrouse na arqueoloxía. Pouco despois estudou antropoloxía na Universidade de Londres, onde obtivo a mestría en 1967 defendendo a súa tese de doutoramento dirixida por Philips Kaberry (discípulo de Malinowski) e de Mary Douglas. A partir de entón dedicou a súa carreira principalmente ao estudo das comunidades xitanas de Madrid e de Cataluña, aínda que tamén traballou con senegambianos e temas relacionados coa terceira idade.[6]
Obra
editar- La diferencia inquietante: Viejas y nuevas estrategias culturales de los gitanos. ConSimon Pates. 2ª edición reimpresa, Siglo XXI. 288 p. ISBN 9788432313349 (2010)
- Las relaciones del parentesco. Vol. 23 de Publicacions d'Antropologia Cultural. Con Aurora González Echevarría, Jorge Grau Rebollo. Editor Univ. Autònoma de Barcelona, 126 pp. ISBN 9788449023194 (2003)
- Tres escritos introductorios al estudio del parentesco y una bibliografía clásica general. Vol. 16 de Publicacions d'Antropologia Cultural. Con Aurora González Echevarría, Ramón Valdés, Ramón Valdés del Toro. 4ª edición de Univ. Autònoma de Barcelona, 79 pp. ISBN 9788449020650 (2000)
- La diferència inquietant. Noves i velles estratègies culturals dels gitanos. Fundació Serveis de Cultura Popular. 152 pp. ISBN 9788479000554 (1994)
- Vejez y cultura : hacia los límites del sistema. Fundación Caja de Pensiones. (1990)
- Entre la marginación y el racismo : reflexiones sobre la vida de los gitanos. Alianza Editorial. 241 pp. ISBN 9788420624716 (1986)
- Vecinos gitanos. Ed. Akal. 352 pp. ISBN 9788473392181 (1976)
- Gypsies, tinkers and other travellers. Editor Farnham Rehfisch. Londres, N. York: Academic Press, pp. 169-99 (1975)
- Cruz de Ouro da Orde Civil da Solidariedade Social[8]
- Premio R. Duocastella de Investigación en Ciències Socials, Barcelona (1989)
- Premio Hidalgo á traxectoria profesional de loita contra o racismo. Asociación Nacional Presenza Xitana (1994)
- Membro de Honra da Federació d'Asociacions Gitanes de Catalunya (2001)
- Medalla da Orde Civil á Solidariedade do Ministerio de Emprego e Seguridade Social (2005)
- Premio Fundación Secretariado Xitano edición 2011
Notas
editar- ↑ Uris Guisantes, José A. (2011). "Mª Asunción Espinosa Ferrándiz - Señorita Paloma" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 3 de agosto de 2014. Consultado o 20 de xullo de 2013.
- ↑ Barcelona, UAB-Universitat Autònoma de. "Nos deja la profesora Teresa San Román". UAB Barcelona (en castelán). Consultado o 2024-07-15.
- ↑ "Departament d'Antropologia social i cultural de la UAB" (en catalán).
- ↑ "La marginación gitana comienza en las Viviendas. Entrevista a Teresa San Román". El País (en castelán). 22 de xuño de 1976.
- ↑ "Una experta dice que la mujer gitana está en un 'despegue social'". El País (en castelán). 28 de novembro de 2001.
- ↑ Revista perifèria (ed.). "Entrevista a Teresa San Román" (PDF) (en castellano).
- ↑ Revista Asociación de Enseñantes con Gitanos (ed.). "Alrededor de Teresa San Román" (PDF) (en castellano).
- ↑ "Orden TAS/674/2005, de 28 de febrero, por la que se concede la Cruz de Oro de la Orden Civil de la Solidaridad Social a doña Teresa San Román Espinosa". BOE (en castellano). 2005. Consultado o 20 de julio de 2013.