Teresa Couceiro Núñez

arquitecta galega


Teresa Couceiro Núñez , nada na Coruña en 1958, é unha arquitecta galega experta en arquitectura moderna e vivenda. Desde o ano 2001 é Directora da Fundación Alejandro de la Sota.[1]

Infotaula de personaTeresa Couceiro Núñez
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Universidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Director de teseGabriel Ruiz Cabrero (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAlejandro de la Sota Martínez Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3863304

Traxectoria editar

Graduouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1988 e doutorouse en 2001 pola Universidade Politécnica de Madrid coa tese El espacio de transición entre el interior y el exterior en la vivenda: estudio a través de la relación interior-exterior,[2] dirixida por Gabriel Ruiz Cabrero. De 1988 a 1996 colaborou activamente no estudio do arquitecto Alejandro de la Sota, experiencia que lle achega un coñecemento de primeira man, tanto da forma de traballar coma da obra do arquitecto pontevedrés. Tras a creación en 1997 da Fundación De la Sota, para conservar o arquivo e difundir a súa obra, en 2001 o padroado propúxolle a Couceiro que asumise a dirección.[3]

En 2014 coordinou o I Congreso Pioneros da Arquitectura Moderna Española: Vigencia de su pensamiento y obra.[4][5][6] En 2013, data do centenario do nacemento de Alejandro de la Sota, promoveu a dixitalización dos seus arquivos para poñelos á disposición pública. Na web da Fundación hai máis de 3 000 documentos dixitalizados, e teñen outros 12 000 catalogados á espera da súa dixitalización para incorporalos ao arquivo dixital.[7]

Ademais, propuxo outro proxecto que se materializou nunha web para facilitar a difusión dos arquivos doutros arquitectos españois do século XX.[8]

Couceiro participou en congresos, seminarios e debates sobre arquitectura moderna, especialmente sobre a obra dos arquitectos Frank Lloyd Wright, Ludwig Mies van der Rohe e Alejandro de la Sota, como a conferencia Aprender con Alejandro de la Sota que deu no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en 2018.[2][9]

Obra editar

  • Alejandro de la Sota: Central Lechera CLESA, Madrid, 1961. Fundación Alejandro de la Sota, 2007.[10]
  • 2014: I Congreso Pioneros de la Arquitectura Moderna Española: Vigencia de su pensamiento y obra. ISBN 978-84-697-0296-3.[11]
  • 2016: III Congreso Pioneros de la Arquitectura Moderna Española: Análisis Crítico de una Obra. ISBN 978-84-946397-0-8.[12]
  • 2018: V Congreso Pioneros de la Arquitectura Moderna Española: el proyecto del habitar.[13]

Notas editar

  1. "Teresa Couceiro Núñez · Directora de la Fundación Alejandro de la Sota". 18 de marzo de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Couceiro Núñez, Teresa (2001). "El espacio de transición entre el interior y el exterior en la vivienda : estudio a través de la relación interior-exterior". E.T.S. Arquitectura (UPM). Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  3. "Fundación Alejandro de la Sota" (en castelán). Consultado o 31 de julio de 2020. 
  4. "Teresa Couceiro Núñez" (en castelán). Consultado o 31 de julio de 2020. 
  5. "I Congreso Nacional de Arquitectura. Pioneros de la arquitectura moderna española: vigencia de su pensamiento y obra. | Alejandro de la Sota" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  6. "Congreso Pioneros de la Arquitectura Moderna Española" (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  7. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2006). "Hispana. Acceso en línea al Patrimonio Cultural" (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  8. "Proyecto". Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  9. "Publicada a gravación da charla de Teresa Couceiro «Aprender con Alejandro de la Sota» | COAG". Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  10. Sota, Alejandro de la, (1913-1996) (2007). Alejandro de la Sota : Central lechera Clesa, Madrid, 1961. Fundación Alejandro de la Sota. ISBN 978-84-612-0977-4. OCLC 630904822. Consultado o 2 de agosto de 2020. 
  11. Congreso Nacional de Arquitectura Pioneros de la Arquitectura Moderna Española (1r : 2014 : Madrid) (DL 2015). Pioneros de la arquitectura moderna española : vigencia de su pensamiento y obra = Pioneers of modern Spanish architecture : the currency ot their ideas and work. Fundación Alejandro de la Sota. ISBN 978-84-943475-2-8. OCLC 1120313328. Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  12. "2016 III PIONEROS DE LA ARQUITECTURA MODERNA ESPAÑOLA: ANÁLISIS CRÍTICO DE UNA OBRA" (PDF). 
  13. Congreso Internacional Pioneros de la Arquitectura Moderna Española. (5th : 2018 : Madrid, Spain) ([2018]). Pioneros de la arquitectura moderna española : el proyecto del habitar = Pioneers of modern spanish architecture : projects for inhabitance. Fundación Alejandro de la Sota. ISBN 978-84-948240-6-7. OCLC 1083398800. Consultado o 1 de agosto de 2020.