Teresa Chao Maciñeira

activista galega


Teresa Paulina Modesta Chao Maciñeira, nada na Habana o 24 de febreiro de 1893 e finada na Coruña en 1956, foi unha activista galega ligada ás Irmandades da Fala.

Modelo:BiografíaTeresa Chao Maciñeira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1893 Editar o valor en Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte1956 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRamón Villar Ponte Editar o valor en Wikidata
FillosJosé Ramón Villar Chao Editar o valor en Wikidata
IrmánsMicaela Chao Maciñeira Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Da familia de Federico Maciñeira Pardo de Lama, era irmá de Micaela Chao Maciñeira, naceu en Cuba, onde emigrara a súa familia. Na illa actuou como afeccionada en pezas dramáticas no elenco da Sociedad Gallega de Declamación Rosalía de Castro. Coa súa familia estableceuse en Galicia o 25 de xullo de 1910. De ideoloxía fondamente galeguista, participou activamente nas Irmandades, e ao se fundar a Sección Feminina no seo da irmandade coruñesa pasou a formar parte dela, chegando a se converter na súa vicesecretaria. Tamén actuou en diversas montaxes realizadas polo Conservatorio Nacional de Arte Galega [1].

Casou con Ramón Villar Ponte en 1919 e ao ano seguinte tivo o seu primeiro fillo, Xaime Villar Chao que educou dende o berce en galego, o que constituía cousa inusitada entre a burguesía da época, como relatou Ramón Villar nunha dedicatoria de nacemento:

...cicais do único infante que xa no berce, pertencendo a unha familia non labrega nin artesá, ven sendo aloumiñado por seus pais, d'un xeito conscente e ateigado de intenzón, co'as verbas da lingua doce e groriosa da Patria...[2]