Río Ter

(Redirección desde «Ter»)

O río Ter é un curso fluvial catalán, que desemboca no mar Mediterráneo despois dun curso de 208 km.

Río Ter
PaísCataluña, España
NacementoUlldeter
Altitude2.300 msmn
Lonxitude208 km
Conca3.010,5 km²
Caudal medio25 m³/s
DesembocaduraMar Mediterráneo

Percorrido editar

O Ter nace en Ulldeter, nos Pireneos, a uns 2.300 metros de altitude, ao pé dun antigo circo glaciar que delimitan cimas relativamente próximas aos 3.000 metros, como o Bastiments, o Gra de Fajol ou o Pic de la Dona. As súas augas transcorren polas comarcas do Ripollès, Osona, a Selva, o Gironès e o Baix Empordà, até desembocar no mar Mediterráneo en L'Estartit. O seu curso totaliza 208 km, cunha conca de drenaxe de cerca de 3.010 km², descrita como unha conca exorreica cunha distribución claramente dendrítica. A súa achega media anual atinxe un volume de 840 hm³, con valores medios de descarga na desembocadura de 25 m³/s.

Réxime hidrolóxico editar

A pesar de nacer nos Pireneos, o río Ter recibe unha forte influencia dos regueiros das chairas do curso medio e baixo e, por este motivo, compórtase como un río de réxime intermedio, é dicir, presenta crecidas tanto na primavera como en outono.

Afluentes editar

Entre os principais tributarios do Ter cóntanse:

Encoros editar

Na conca do Ter hai varias presas: