O encoro de Sau (en catalán: pantà de Sau) é un encoro que pertence ao río Ter, creado por unha presa situada no concello de Vilanova de Sau, en Cataluña. Atópase aos pés do macizo das Guilleries, estendéndose polos termos municipais de Vilanova de Sau, Les Masies de Roda, Tavertet e L'Esquirol, na comarca de Osona, provincia de Barcelona.

Modelo:Xeografía físicaEncoro de Sau
Imaxe
Tipoencoro Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaCollsacabra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVilanova de Sau, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°58′27″N 2°23′03″L / 41.974197, 2.384292
Afluentes
Efluente do lagoRío Ter Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaconca do Ter Editar o valor en Wikidata
Represado porSau Dam (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude422,2 m Editar o valor en Wikidata
Superficie527,8 ha Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica1.522 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico151,3 hm³ Editar o valor en Wikidata

Xuntamente cos de Susqueda e do Pasteral, forma parte dun sistema de tres encoros que unen a comarca de Osona coa da Selva, xa na provincia de Xirona.

O encoro, inaugurado en 1962, cubriu a localidade de Sant Romà e os seus restos, especialmente o campanario da igrexa románica do século XI, son visibles cando o nivel de auga é baixo.

Ten unha lonxitude de 17 km e 3 km de largo, cunha capacidade máxima de 151,3 hm³. Permítese nel a práctica de deportes náuticos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar